Escoitar

Espectáculo musical para escolares do grupo "New Titanic Arkestra"<br />

O Auditorio Municipal acollerá os días 2,3 e 4 de abril, o espectáculo didáctico-musical "Nuestras Músicas", especialmente creado para escolares do 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato polo Grupo de Zaragoza "New Titanic Arkestra". O espectáculo forma parte da colaboración do Servizo de Educación do Concello de Vigo e a Obra Social e Cultural de Ibercaja.

martes, 1 abr 2008
1207050831titanicorquestra.jpg
Integrantes do grupo "New Titanic Arkestra"
O espectáculo "Nuestras Músicas" toma coma punto de partida as diversas tendencias musicais coas que se identifican os xoves: rock, pop, punk, heavy, disco, samba, hip-hop, drum ... son algúns dos nomes que foron asociando aos distintos estilos musicais de hoxe. As emocións, os movimentos, a vestimenta e outros parámetros de comportamento, están relacionados con estas melodías e ritmos que nos acompañan. Os músicos-actores representan a personases reais (James Brown), evocan a outros (Jimmy Hendrix, Miles Davis, J.S. Bach) ou encarnan os sentimentos que inspiran as cancións.

O obxectivo do espectáculo é por de releve os rasgos esenciais de cada estilo e a súa relación con outros, precendentes e/ou contemporáneos. Moitas músicas son utilizadas como "bandeiras" polos xoves, polo que conseguir que os gustos de cada un sexan motivo para a comunicación é unha das funcións primordiais do espectáculo.

A través da música os escolares son invitados á tranquilidade e ao movimento, , escoitando os ritmos, melodías e armonías que poden dirixir ou dispor distintas emocións e/ou estados de ánimo e que instrumentos musicais podemos empregar para dar un determinado carácter a unha canción. Tanto a dinámica como a posta en escea, pretende divertir mentres se comparten coñecementos no esceario, utilizando a música en directo, o playback, a pantalla de video e a dramatización.

O grupo "New Titanic Arkestra" debutou na cidade francesa de Pau en 1995, e dende entón ten dado numerosos concertos en España e Francia. Trátase dun grupo formado por sete persoas de nacionalidades distintas, dende Arxentina, Cuba, Turquía ...e nesta variedade reside a diversidade da súa forma de entender e manifestar a música.

Ao longo das seis sesións matinais programadas para escolares do 3º Ciclo de educación primaria, ESO e Bacharelato ás 10,30 hs e 12,00 hs respectivamente, 950 alumnos/as entre 11 e 16 anos, acompañados de 43 docentes pertencentes a 22 centros de ensino da cidade, terán a oportunidade de achegarse a disfrutar do referido espectáculo didáctico-musical, ofertado no marco do programa educativo municipal "Vigo por dentro". Todos os centros de ensino participantes dispoñen para o seu traballo inicial de motivación na aula, dun soporte documental completo, que inclúe a unidade didáctica da iniciativa na que ven recollida unha proposta de actividades e xogos.

Igualmente o mércores 2 de abril ás 19,30 está prevista unha sesión en aberto para as familias, dunha duración estimada de 1 hora, sendo o acceso para o público asistente gratuito ata completar o aforo.

Os centros de ensino participantes son os seguintes: Ceip Sobreira, Colexio As Acacias, Ceip Coutada Beade, Ceip Ramón y Cajal, IES Santa Irene, Ceip Lope de Vega, Ceip Vicente Risco, Ceip Emilia Pardo Bazán, Colexio Quiñónes de León, CPI Celso Emilio Ferreiro, Ceip Balaídos, Ceip Seis do Nadal, Colexio San José da Guía, Colexio Monterrey, IES A Guía, IES Sto. Tomé Freixeiro, IES Alvaro Cunqueiro, IES Valadares, IES Rosais I, Colexio Losada, Colexio Apóstol Santiago e Colexio Montesol.
Descargar todas as imaxes