O Pleno aproba un conxunto de nomes novos para diferentes rúas de varias parroquias
O Pleno da Corporación Municipal aprobou este luns por unanimidade os nomes oito rúas situadas en diferentes parroquias de Vigo, ao consideralos axeitados de acordo cos informes emitidos polos departamentos de Estatística e Normalización Lingüística.
As novas denominacións das rúas son As Mallas, para a que comeza na rúa Pardaíña, fronte ao nº 34, e remata sen saída; Viveiro, que é a que comeza no camiño Castro e remata en interior, no barrio de Casas, en Comesaña; A Paraguda, tamén nesta parroquia, con comezo no camiño do Castro e remate no camiño da Pedra Branca; e O Porbelo, que comeza na rúa Santa Cristina e remata na avenida de Ramón Nieto, en Lavadores.
O acordo do Pleno sobre os novos topónimos tamén inclúe os nomes de catro viais na parroquia de Cabral. Son a rúa Leiriña, con comezo na rúa Carballa e remate en fondo; a rúa Sanguiño, que comeza na avenida do Aeroporto e remata na rúa Rabadeira; o camiño da Peixeira, desde a rúa Gondarisco ata a rúa Carballa, e o camiño dos Enxidos, desde a avenida de Santa Cristina ata a rúa do Souto.
Por outra parte, o Pleno tamén decidiu por unanimidade deixar sen efecto o acordo plenario do 30 de xaneiro de 2006 polo que se lle deu á Baixada a Samil o nome de "Antonio Nieto Figueroa, Leri". Con este nome denominarase unha nova rúa do PERI de Barreiro.
Tamén foron aprobadas, desta vez coa abstención do PP, as denominacións dun conxunto de rúas en varios barrios coas que se quere honrar a memoria dunha serie de mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura. Son as rúas Ángela Iglesias Rebollar, en Teis; Rosario Hernández Diéguez, ‘A Calesa" e Carmen Miguel Agra, na zona da Travesía de Vigo; Margarita Bilbatúa Zubeldía e Urania Mella Serrano, no PERI de Barreiro, e Mercedes Núñez Targa, no barrio de Pardaíña-Rocío, en Bouzas-Coia.
Mocións
Das mocións presentadas polo grupo muncipal do PP ao Pleno foi aprobada por unanimidade a que insta a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego a solicitar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a sinatura dun convenio que permita ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE) posto en marcha polo Concello a constitución de empresas por internet.
Tamén recibiron o apoio unámime da Corporación a proposta ‘popular’ de acometer o proxecto de mellora de beirarrúas nas rúas Santa Tegra e Devesa de Santa Tegra, no barrio de Teis, e a de reclamar ao Ministerio de Fomento o pagamento da limpeza e mantemento do parque "Eduardo Dacosta", en Valladares, ou ben a cesión da súa titularidade ao Concello. Outra moción presentada polo PP e aprobada co apoio de todos os grupos políticos municipais é a que insta a Xunta de Galicia a tomar as medidas oportunas para eliminar os retrasos na tramitación de certificados de idoneidade para adopcións.
Por último, tamén foi aprobada, desta vez cos votos favorables de PP e BNG e a abstención do PSdeG-PSOE, a proposta ‘popular’ de instar a Consellería de Educación a modificar os actuais criterios de avalación das Escolas Oficiais de Idiomas. Para iso, a moción reclama que se reimplante a avaliación continua e que se garantan dúas convocatorias por ano.
Descargar todas as imaxes