Abel Caballero e Jesús Paz fan un chamamento ao consenso sobre a ampliación do Porto
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Autoridade Porturaria de Vigo, Jesús Paz, salientaron este xoves a necesidade dun consenso cidadán arredor do futuro do Porto, despois do encontro de traballo que ambos mantiveron no Concello e no que Paz entregou ao alcalde o plan de ampliación das instalacións portuarias elaborado pola institución que preside.