O Concello opta a axudas europeas cun proxecto que combina políticas de emprego e medio ambiente
O Concello de Vigo presentou o seu proxecto "Vigo medio natural" á convocatoria de axudas que a Fundación Biodiversidad, como xestora do Fondo Social Europeo, convocou dentro do seu programa Empleaverde. O proxecto inclúe accións como a elaboración de guías medioambientais, cursos de formación e o estudo de novos perfís profesionais e a análise das necesidades do sector ambiental.
Empleaverde é unha iniciativa concibida como ponte entre a política de emprego e a política medioambinetal á que se podían adherir, ata o 31 de marzo, as organizacións e institucións que queiran realizar proxectos para impulsar nos seus ámbitos de actuación procesos de cambio relacionados co medio ambiente e a sostenibilidade.
A área de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá do Concello de Vigo, en colaboración coa área de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, preparou o proxecto "Vigo medio natural", cuxa presentación á convocatoria da Fundación Biodiversidad foi aprobada este luns pola Xunta de Goberno. Os motivos que levaron ao Concello a elaborar este proxecto son a necesidade de protexer dos espazos naturais e harmonizar o crecemento urbano coa conservación dos montes periurbanos, xerando conciencia medioambiental, integrando no mercado laboral a colectivos con dificultades de integración e mellorando a formación dos traballadores que actúan nos montes comunais.
O proxecto "Vigo medio natural" ten un orzamento estimado de 415.000 euros. Un 80% desta cantidade correría a cargo do Fondo Social Europeo, ao estar clasificada Galicia omo rexión de converxencia. O 20% restante sería achegado polo Concello. A duración do proxecto é de dous anos.
"Vigo medio natural" prevé a realización dun conxunto de accións, dentro do cal un primeiro grupo é o formado pola elaboración e difusión de estudos e guías. Así, o proxecto contempla unha guía didáctica para impulsar o respecto ao medio ambiente dirixida ao profesorado e ao alumnado de primaria e secundaria, e unha guía divulgativa para promover o coñecemento e o uso responsable dos espazos naturais situados nos montes periurbanos de Vigo, destinada á poboación en xeral. O valor medioambiental destes montes será, así mesmo, obxecto dunha campaña de información, sensibilización e comunicación dirixida á poboación en xeral.
Ademais, "Vigo medio natural" propón un estudo sobre novos perfís profesionais no sector ambiental, con especial atención aos que puidesen ser cubertos por mulleres, persoas de máis de 45 anos, persoas con baixa cualificación e traballadores/as procedentes do sector do medio ambiente. O proxecto inclúe a celebración dunha Xornada sobre Emprego e Medio Ambiente na que se darían a coñecer os resultados deste estudo.
Por outra parte, no marco do proxecto "Vigo medio natural" crearíase un observatorio ‘on line’ sobre emprego e medio ambiente, que recompilaría e analizaría información sobre o emprego xerado polo sector ambiental en Vigo, a evolución das expectactivas e necesidades dos comuneiros e os usos dos montes periurbanos harmonizando as expectativas dos comuneiros e da cidadanía.
Por último, o proxecto elaborado polo Concello contempla a realización de catro cursos de formación presencial, dirixidos a traballadores/as do sector ambiental, mulleres, maiores de 45 anos e traballadores/as con baixa cualificación. Os cursos terían unha duración de entre 200 e 260 horas.
Descargar todas as imaxes