Exposición de Xurxo Lobato " Rostros da memoria"
A Casa das Artes acolle do 3 de abril ao 4 de maio unha exposición de 45 fotografías e a proxecion de dous documentais do fotoxornalista Xurxo Lobato co título "Rostros da memoria". A mostra é unha galería de retratos plantexada como unha homenaxe aos represaliados e victimas da guerra civil e posguerra.<br />
Segundo palabras do propio Xurxo Lobato "esta é unha mostra tan só dalgunhas das persoas que en Galicia sufriron represión por manteren as súas ideas na defensa da democracia, despois do golpe de estado do xeneral Franco contra a República. O delito de moitas destas mulleres foi ser esposas, fillas ou irmás. No franquismo tamén iso se penalizaba. Quere ser unha homenaxe tamén a aqueles que mantiveron os ideais comunistas, republicanos, anarquistas, masóns, socialistas e nacionalistas nos tempos en que pensar era delito e soñar perseguíase. É o momento de cumprir a débeda que temos os que hoxe disfrutamos da liberdade cos que por ela loitaron. Simbolicamente retratei 45 mulleres e homes case todos pouco coñecidos, a sabendas de que son moitos máis; pero o espazo é limitado. Despois de 40 anos de silencio e desprezo chegou a hora de recuperar a memoria e dala a coñecer: aquí están os rostros da DIGNIDADE para que nunca esquezamos."
A exposición conten tamén a proxección dos documentais: "O resplandor das Atochas". Autor: Jorge Gil. Relata o levantamento e represión de anarquistas na Coruña o ano 1937. "A guerra dos avós". Autor: Óscar Galansky López. Mostra episodios acaecidos en Moaña durante os primeiros momentos da Guerra Civil e que son representativos no ámbito galego, nas fases do alzamento militar e a inmediata represión.
A mostra está organizada pola Concellería da Área de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo e a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
A exposición poderase visitar en horario de luns a venres: 18.00 – 21.30 h
Sábados: 11.00 – 14.00 h ; 18.00 – 21.30 h. Domingos e festivos: 11.00 – 14.00 h.