Escoitar

A exposición "Artifex" poderá visitarse en horario de mañá no Museo de Castrelos

1.800 visitantes nun só mes avalan o éxito da exposición "Artífex. Enxeñería romana en España" no museo de Castrelos. Pola reiterada demanda o museo abrirá para visita libre a exposición tamén en horario de mañá, 10.00 a 13.30 horas, a partir do mércores 2 de abril.

martes, 1 abr 2008
12070528381204033656montaje4.jpg
A visita guiada para grupos e o obradoiro de actividades atópase totalmente coberto ata final de exposición.

Dende o pasado día 27 de febreiro e ata finais de abril está aberta no museo municipal a exposición "Artifex. Enxeñería romana en España", na que se efectúa, a través de paneis e maquetas, un percorrido polos diferentes avances técnicos do mundo romano na construción de calzadas, acuedutos, pontes e outras infraestruturas.
Descargar todas as imaxes