Escoitar
Igualdade

Cursos da campaña "Vivir en parella é cousa de 2"

<br />

xoves, 3 abr 2008
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos de carácter gratuíto, dentro da campaña "Vivir en parella é cousa de 2":

CURSOS PARA MULLERES E HOMES .-
- Podo comunicarme mellor
Destinatarios/as: Homes e mulleres que desexen entender ou mellorar as súas relacións cos/coas demais: comunicación, emocións, resolución conflitos, etc.
Inicio: sábado 26 de abril. 20 horas.

-Coidado das persoas dependentes
Contidos: hixiene, alimentación, mobilización, descanso e sono, coidar a quen coida ,etc.
Inicio: xoves 24 de abril. 30 horas.

CURSOS PARA MULLERES.-
-Reparacións domésticas básicas.
Contidos: fontanería, electricidade, peches, mobles, electrónica.
Inicio: xoves 24 de abril. 30 horas.

- Mecánica e electricidade do automóbil
Contidos: motor, a dirección, a transmisión, solución de avarías, freos, neumáticos, mantemento.
Inicio: mércores 23 de abril. 30 horas

CURSOS PARA HOMES.-
-Preparo, cociño e comparto
Contidos: Elaboración de menús. Organización e distribución de alimentos no frigorífico. Cesta da compra.
Inicio: luns 5 de maio. 30 horas.

-Os coidados que necesita a nosa roupa
Contidos: técnicas de pasar o ferro, lavado, estendido e dobrado de roupa, costura, marcado de prendas . Inicio: martes 22 de abril. 20 horas.

Requisitos para todos os cursos: Ser maior de idade, estar empadroado/a no Concello de Vigo e inscribirse nalgún curso que non realizara noutras edicións.
Inscricións desde o día 7 ao 18 de abril de 2008 (inclusive), as prazas son limitadas.
As inscricións realizaranse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8.00 a 15.00 h.
Máis información: www.vigo.org/igualdade