Escoitar

Vigo celebra o "I Foro da Migración"

A concellería de Benestar Social organiza o sábado 5 de abril un ciclo de tres mesas redondas do "I Foro da Migración de Vigo" que servirá de debate, reflexión e propostas cara á integración .

xoves, 3 abr 2008
1207228086scaner030408.jpg
Segundo explicaba esta mañá a concelleira de Benestar Social, María Méndez, co Foro búscase responsabilizar a tódolos estamentos da sociedade; a implicación das entidades que representan ás persoas que a nosa cidade acolle, das que representan ao resto da cidadanía, e das institucións que deben actuar no proceso de integración. A concelleira subliñou tamén que o Foro permitirá acometer un proceso de reflexión do fenómeno migratorio.

O sábado 5 de abril, con entrada libre, celebraranse no Centro Cultural Caixanova, tres mesas redondas que se inician ás 10:30 horas coa presentación de diferentes experiencias que se están levando a cabo en concellos do estado español neste campo. Segue, ás 12:45 horas, unha mesa redonda na que institucións como a Universidade, os medios de comunicación, e a presentación dun estudo sobre a feminización da inmigración, aclararán outros aspectos do que este fenómeno supón para a cidade de Vigo. Pola tarde, ás 16:30 horas, presentarase o traballo que o Concello de Vigo está desenvolvendo coas entidades migrantes.

O Foro rematará ás 18:30 horas, cunha festa aberta a toda a cidadanía e que presentará aspectos da vida dos inmigrantes nos seus países de orixe.

O Foro comezou a súa andaina o pasado 15 de marzo co desenvolvemento de diferentes traballos baseados en tres mesas temática: "Inmigración e sociedade civil", "Inmigración e integración; e "A Administración Local e a mediación intercultural.
1207228086scaner030408.jpg
1207228098foroemigracion030408.jpg
Descargar todas as imaxes