O Goberno local busca unha contratación única para o mantemento das insfraestruturas viarias
O Goberno local quere contratar "dunha vez" as obras de acondicionamento, mantemento e conservación das infraestruturas viarias do Concello. Segundo informou este martes o alcalde, Abel Caballero, a Xunta de Goberno aprobou o luns un expediente que, co obxectivo de "aforrar tempo", contempla a elección dunha soa oferta para a realización de todos estes traballos durante este ano e o que vén, por un importe total de 2.750.000 euros.
Desta cantidade, 1.250.000 euros corresponden ao orzamento do exercicio de 2008 e os restantes 1.500.000 euros, ao de 2009. Con esta previsión, o Goberno municipal quere reducir o número de xestións destinadas ao cumprimento deste servizo e garantir "o máximo de claridade e transparencia", realizando unha soa contratación "con luz e taquígrafos" para seleccionar "a mellor oferta", asegurou o alcalde.
Humanizacións
Tamén aprobou o Goberno municipal na súa reunión do luns unha serie de expedientes de contratación relativos a obras de humanización de varias zonas da cidade. Son as do contorno do Calvario (500.000 euros e tres meses de execución), a fase I do barrio de Bouzas (545.000 euros e catro meses) e a rúa Esperanto (72.000 e un mes). Así mesmo, aprobouse a contratación das obras de reforma do saneamento da rúa Olímpicos (285.000 euros e tres meses), de eliminación de bombeo de residuais na rúa Seara (147.000 euros e dous meses) e de recuperación da mina de auga e execución de saneamento separativo na rúa Abanico (113.000 euros e un mes de execución).
Outra decisión adoptada pola Xunta de Goberno foi a de prorrogar os contratos dos servizos de xestión das escolas infantís muncipais ‘Atalaia’, de Teis, e ‘Santa Cristina’, de Lavadores. En ambos os casos, o importe da prórroga é de 178.000 euros.
Supresión de barreiras arquitectónicas
Por outra parte, o Goberno municipal aprobou a contratación das obras de execución do proxecto para suprimir as barreiras arquitectónicas urbanísticas na cidade de Vigo. Este proxecto contempla a adaptación dos pasos de peóns á Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. A actuación constistirá na realización de rampas con non máis dun 10% de pendente para salvar o desnivel entre a beirarrúa e a zona de circulación dos vehículos.
As obras previstas afectarán o contorno comprendido entre as rúas Ronda de Don Bosco, Taboada Leal, Ecuador, Vázquez Varela, Couto de S. Honorato, Reiseñor, Alcalde Gregorio Espino, avenida de Madrid, Conde de Gondomar, Gran Vía, Hispanidade, San Amaro, Castro Salcidos e Marqués de Alcedo. O proxecto, que contempla un orzamento de 150.000 euros, considera suficientes catro meses para a realización dos traballos.
Descargar todas as imaxes