Escoitar

O monumento a Curros Enríquez regresará á praza de Compostela en maio

O monumento a Manuel Curros Enríquez actualmente situado no parque do Castro regresará á súa localización orixinal na praza de Compostela no mes de maio, segundo anunciou este martes Abel Caballero. A decisión foi adoptada este martes polo alcalde, quen deu xa instrucións para que así se faga.

martes, 8 abr 2008
1207655308curros.jpg
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e coincidindo co centenario do pasamento do poeta, o Concello devolverá en maio a estatua de Curros ao seu antigo emprazamento no estanque da praza de Compostela, de onde foi retirada nos anos 60 para, en opinión de Caballero, manter "arrinconado" o seu recordo.
Descargar todas as imaxes