mércores, 9 abril 2008

Os accidentes de tráfico reducironse un 19% co carné por puntos

mércores, 9 abr 2008

O Concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, calificou de "positivo" o balance dos seis meses que leva operando o carné por puntos en Vigo. Desde outubro ata marzo reducíronse os accidentes, os feridos e os atropelos, en comparación co mesmo periodo do pasado ano. A Policía Local xa ten tramitado unhas 15.000 sancións que conlevarían a perda de puntos, 355 son xa firmes o que supon a retirada de 1.119 puntos.

Igualdade pon en marcha a sexta edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2"

mércores, 9 abr 2008

O programa "Vivir en parella é cousa de 2" cumpre xa a súa sexta edición, e as persoas interesadas en participar nos cursos gratuítos que oferta poden facer a inscrición ata o día 18 de abril, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso. Co obxectivo de "rachar o reparto tradicional de roles", o programa organiza cursos sobre os coidados da roupa e cociña dirixidos a homes, reparacións domésticas e mecánica do automóbil destinados a mulleres, mentres que os de comunicación e coidado de persoas dependentes son mixtos e as prazas asignaranse de forma equitativa entre as mulleres e os homes inscritos.