venres, 11 abril 2008

A Mancomunidade de Vigo impulsa a preservación e promoción do seu patrimonio verde

<br /> A iniciativa "Patrimonio Verde", liderada pola Deputación de A Coruña, procura poñer en valor o patrimonio natural da rexión Galicia-Norte de Portugal, co obxecto de fomentar a protección, conservación e visualización turística dos seus recursos. A este efecto, a Mancomunidade recibirá unha subvención de máis de 150.000 euros. Ademáis, o Pleno celebrado este venres aprobou a liquidación orzamentaria correspondente ao exercizo de 2007 e validou un orzamento de 420.000 euros para o ano 2008.

No mes de maio comezará a reforma da rúa Pescadería

venres, 11 abr 2008

As obras de reforma da rúa Pescadería comezarán no vindeiro mes de maio, anunciou este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen indicou que o obxectivo é que estean rematadas para a temporada de verán. O investimento para a execución das diferentes fases da reforma é de 103.000 euros.

Vigo acolle por primeira vez os premios fin de carreira de Galicia

venres, 11 abr 2008

O acto, que desde a súa primeira edición en 1991 celebrouse sempre en Santiago, contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón. 37 mulleres e 20 homes foron galardoados este venres por obter os mellores expedientes académicos do 2007 nas tres Universidades de Galicia.

Performance na Casa das Artes

venres, 11 abr 2008

o pintor Darío Basso, o poeta Carlos Oroza e o saxofonista Gautama del Campo realizarán unha acción de performance na Casa das Artes de Vigo, con motivo de clausura da exposición Algoritmi dixit. O acto terá lugar o sábado día 12 ás 20 horas.

A programación municipal de teatro infantil continúa coa representación de "Un agasallo para Xaquín"

venres, 11 abr 2008

Coa obra "Un agasallo para Xaquín", interpretada pola compañía Os Monicreques de Kukas, continúa o sábado, 12 de abril, a programación estable de teatro para o primeiro semestre de 2008, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. A representación, que terá lugar no Auditorio Municipal ás 18:00 horas, está dirixida a nenos e nenas a partir dos catro anos.

Concerto didáctico da Escola Municipal de Música

venres, 11 abr 2008

O sábado 12 de abril, a Escola Municipal de Música de Vigo presenta o programa didáctico "Cociña Variada" coa interpretación de "Variacións sobre un tema de Haendel "de J. Brhams. A audición terá lugar no auditorio do Verbum ás 19 horas con entrada gratuita ata completar aforo.