Escoitar

O Concello e os Colexios de Arquitectos e Aparelladores asinan un convenio para a Inspección Técnica dos Edificios

A Xerencia de Urbanismo deste xoves aprobou o convenio de colaboración entre o Concello e os Colexios de Arquitectos e de Aparelladores, que ven facilitar aos propietarios a realización da Inspección Técnica de Edificios (ITE). Ambos colexios elaborarán unha lista de técnicos e será a Administración Municipal a encargada de seleccionar ao contratado para o traballo. O convenio ten unha vixencia de dous anos prorrogables.

xoves, 10 abr 2008
1207832754urbanismo4.jpg
O Concello de Vigo, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitéctos Técnicos da provincia de Pontevedra (COAAT) rubricaron este xoves o convenio que facilitará aos propietarios o cumprimento da súa obriga de realizar a ITE, a Inspección Técnica de Edificios. A Xerencia de Urbanismo celebrada este xoves aprobou o texto definitivo do convenio.

Polo mesmo, ambos colexios comprométense á difusión da ordenanza reguladora da ITE e a impartir cursos formativos sobre patoloxías das construccións en xeral e específicos, en canto á inspección técnica das edificacións, conservación e mantemento. Unha vez realizada a formación, o seguinte paso é a elaboración dunha lista común de técnicos que reúnan os requisitos de capacitación e idoneidade técnica necesarios para levar a cabo o traballo.

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo designará aos técnicos desta lista encargados da redacción dos informes de inspección correspondentes. Os profesionais remitirán a cuantificación económica do traballo ao Concello e, unha vez aprobada a proposta, contan cun prazo de 45 días para elaborar o informe.

O convenio ten unha duración de dous anos, prorrogables por outros dous ao remate do periodo. No desenvolvemento do acordo, tanto o Concello coma os Colexios designarán un representante encargados de realizar un seguimento do convenio e analizar a súa aplicación.
Descargar todas as imaxes