Escoitar

Vigo acollerá en setembro o espectáculo dunha proba do Campionato do Mundo de Powerboat P1

A cidade de Vigo acollerá, entre os días 12 e 14 de setembro, a única proba que se celebrará en España do Campionato do Mundo UIM Powerboat P1, segundo anunciou este xoves o tenente de alcalde, Santi Domínguez, no acto de sinatura do convenio de colaboración co director xeral da Powerboat P1, Jim O´Toole, o promotor deste evento en España e Portugal, Jaime Fonseca, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.

xoves, 10 abr 2008
1207832369P1010038.JPG
"Síntome tremendamente satisfeito de que Vigo acolla a Fórmula 1 do mar, xa que terá unha repercusión moi importante de promoción turística para a cidade", salientou o tenente de alcalde durante a súa intervención. No mesmo sentido se manifestou o concelleiro de Deportes, quen indicou que este evento amosa un dos aspectos que ten a práctica deportiva, relacionado co promoción de Vigo, que é "o centro dun espazo xeográfico que vai dende Coruña a Oporto".

Santi Domínguez subliñou, ademais, que Tenencia de Alcaldía porá "toda a carne no asador para que Vigo se convirta en sede permanente da proba". Pola súa banda, o director xeral da Powerboat P1 expresou o seu orgullo por anunciar a celebración desta proba en Vigo, en tanto que o seu equipo lle ten agurado que teñen elixido "moi ben o destino". "Vigo ten unha gran fama coa súa tradición marítima e espero que se incremente coa celebración do P1 en setembre", indicou Jim O´Toole.

O promotor deste evento en España e Portugal, Jaime Fonseca, explicou que o Campionato do Mundo UIM de Powerboat P1 é "un dos máis excitantes e fascinantes deportes de motor que se disputa en Europa e cada vez é máis popular grazas en gran parte á ampla cobertura dos medios". Seguido por máis de 300.000 personas, as roldas da competición son acompañadas por casi trinta canles de televisión, chegando a máis de 100 millóns de fogares en todo o mundo, así como por numerosos xornais, revistas e emisoras de radio de todo o mundo. Moitos dos maiores fabricantes de embarcacións e motores están representados neste campionato. A competencia é moi intensa e os fabricantes van probar os seus produtos en condicións extremas. No control dos máis poderosos buques da produción existentes están pilotos altamente capacitados e experimentados que fan espectaculares demostracións dunha incrible destreza nas carreiras de resistencia, levando as embarcacións (algunhas delas con 2000 cabalos de potencia) a unha velocidade sorprendente.

Powerboat P1 Campionato do Mundo divídese en dúas categorías: Evolución e SuperSport. A primeira está reservada para barcos cunha lonxitude mínima de 36 pies e un máximo de 43 pies, equipado só con motores "inboard", e un peso de 4250 kg. Estas embarcacións poden alcanzar velocidades superiores a 160 km por hora, o equivalente a máis de 320 km por hora en terra, pero por razóns de seguridade, as regulacións técnicas requiren unha relación entre peso e potencia de 1 CV por cada 3,5 kg, e se cumple, ao sumo,
unha velocidade promedio de 87 mph ao longo da carreira.

No tocante á clase SuperSport, aplícase a barcos con cascos e motores de produción. Cada embarcación debe ter unha lonxitude mínima de 33 pies e un máximo de 42 pies e un peso / potencia de 1 CV por cada 4,5 kg. Neste caso, a capacidade dun diesel está limitada a 6000cc, mentres que os motores a gasolina, non poderán superar os 8300 cc. O promedio de velocidade máxima permitida ao longo da carreira é de 75 mph.

Ademais da celebración das carreiras, que se celebrarán ás 12 e as 17 horas no litoral vigués, a organización instalará pantallas para que os afeccionados poidan seguir o trancurso das probas, así como diversas actividades. A de Vigo celebrarase tras a de Italia, Francia, Malta e Túnez, e posteriormente continuará en Portugal e Bahrein.
Descargar todas as imaxes