Escoitar

Xuventude en movemento na fin de semana

Nas tardes e noites dos venres e sábados, as mozas e mozos de Vigo teñen unha cita con moita marcha, pois xa está na rúa o programa "Tardes e Noites Vivas" da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo.

xoves, 10 abr 2008
Esta fin de semana vén chea de movemento e ritmo cunha morea de bailes de diferentes estilos: danza do ventre, baile moderno, breakdance, stepmanía, hip-hop e reggaeton. Tamén está prevista animación de rúa na Praza da Estrela, unha jam session na Asociación Xuvenil Abertal, iniciación aos monólogos, dobraxe cómica e karaoke no Espazo Xove do Castro, masaxes, decoración floral da mesa e protocolo, obradoiros de coiro e cociña no Pavillón do Berbés, xogos de rol na Asociación Xuvenil Cancerbero, etc.

As novas tecnoloxías tamén estarán presentes cunha miniolimpiada de wii, un torneo de play, unha liga de xogos en rede, curtametraxes co móbil, acceso a internet, chat, messenger, bluetoothe e conexión wifi.

Tampouco faltarán os deportes co baloncesto "Vigo en Xogo", musculación, squash e un campionato de tenis de mesa.


A programación detallada pódese atopar na páxina web da Concellería de Xuventude (www.xuventudevigo.org) ou, en formato folleto, na Casa da Xuventude (López Mora, 31), stands da Concellería de Xuventude nos diferentes centros comerciais, institutos, etc.

Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Teléfono: 986 294 806 Correo electrónico xuventude@vigo.org