Igualdade pon en marcha a sexta edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2"
O programa "Vivir en parella é cousa de 2" cumpre xa a súa sexta edición, e as persoas interesadas en participar nos cursos gratuítos que oferta poden facer a inscrición ata o día 18 de abril, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso. Co obxectivo de "rachar o reparto tradicional de roles", o programa organiza cursos sobre os coidados da roupa e cociña dirixidos a homes, reparacións domésticas e mecánica do automóbil destinados a mulleres, mentres que os de comunicación e coidado de persoas dependentes son mixtos e as prazas asignaranse de forma equitativa entre as mulleres e os homes inscritos.
"Aínda que pode haber mulleres que non saben cociñar e homes que non saben cambiar unha roda, dende a Concellería de Igualdade traballamos para que non se siga mantendo o reparto tradiciónal de roles, senón que tanto homes como mulleres poidan desempeñar todo tipo de tarefas", explicou Iolanda Veloso. Na presentación dos cursos, a concelleira nacionalista sinalou que esta situación de reparto tradicional de roles ponse de manifesto no feito de que das vinte persoas incritas no curso "O coidado das persoas dependentes", que se desenvolverá do 26 de abril ao 28 de maio, a maior parte delas son mulleres. Indicou ademais que "Vivir en parella é cousa de 2" oferta un total de 105 prazas, das que as 20 do curso "Podo comunicarme mellor", que terá lugar do 26 de abril ao 28 de maio, xa están cubertas e nel hai lista de espera.
O curso para homes "Os coidados que necesita a nosa roupa", que se desenvolverá do 22 de abril ao 27 de maio ofrece quince prazas, das que aínda quedan nove; en "Preparo cociño e comparto", que terá lugar do 5 de maio ao 9 de xuño e tamén está dirixido a homes, das 15 prazas ofertadas quedan oito. O curso "Reparacións domésticas básicas", dirixido a mulleres desenvolversase do 24 de abril ao 29 de maio, e das 20 prazas que oferta quedan catro; mentres que "Mécánica e electricidade do automóbil", tamén para mulleres, impartirase do 23 de abril ao 26 de maio e das quince prazas que oferta quedan nove.
"Ofrecemos estes cursos dirixidos a homes e mulleres que queiran adquirir novos coñecementos teóricos e prácticos sobre distintos aspectos da vida cotiá e para que o descoñecemento dunha tarefa non poida seguir sendo a escusa", salientou a concelleira de Igualdade. Na presentación da iniciativa indicou, ademais, que dende o inicio do programa no ano 2005 teñen participado un total de 540 alumnos e alumnas. Para participar nesta edición dos cursos é preciso ser maior de idade, estar empadroado ou empadroada no Concello de Vigo e non repertir a inscrición nun curso que sa se fixera. A inscrición pode realizarse na Concellería de Igualdade do Concello vigués (ubicada na primeira planta) en horario de 8 a 15 horas e a través do teléfono 986 810 284 ata o día 18 de abril.