Escoitar

Os accidentes de tráfico reducironse un 19% co carné por puntos

O Concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, calificou de "positivo" o balance dos seis meses que leva operando o carné por puntos en Vigo. Desde outubro ata marzo reducíronse os accidentes, os feridos e os atropelos, en comparación co mesmo periodo do pasado ano. A Policía Local xa ten tramitado unhas 15.000 sancións que conlevarían a perda de puntos, 355 son xa firmes o que supon a retirada de 1.119 puntos.

mércores, 9 abr 2008
1207745691seguridade280807.jpg
O carné por puntos cumpríu seis meses de vixencia na cidade, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, fixo un balance "positivo" do resultado. O novo sistema comezou a operar en outubro de 2007 e, ata marzo deste ano, rexistra unha baixada dos accidentes de tráfico dun 19% en comparación co mesmo periodo do ano anterior.

As cifras revelan que os accidentes con vitimas descenderon un 11,33%, 728 fronte aos 821 do periodo anterior. Os datos das intervencións con danos materiais melloraron un 24,77%, situándose nas 826 polas 1098 do pasado ano. O total conforma unha rebaixa dos accidentes do 19,02%.

No tocante á lesividade, os feridos graves sufriron un descenso de 5,17% e os leves dun 5,64%. O concelleiro de Tráfico explicou que a baixada do número de feridos non é tan significativa como a do número de accidentes debido ao incremento do número de motocicletas involucradas. O número de vehículos de dúas rodas implicados en accidentes aumentou nun 36%, polo incremento do padrón deste tipo de vehículos. A este respecto, Xulio Calviño fixo un "chamamento" aos condutores para extremar as precaucións coas motocicletas. Dos catro falecidos neste periodo, dous conducían estes vehículos.

O número de atropelos totais tamén disminuíu nun 3,28%. Neste tipo de incidencias, as rexistradas en pasos peonís descenderon nun 11,94%, mais aumentaron nun 7,27% os acontecidos fóra dos mesmos. O concelleiro salientou que esta circunstacia foi a detonante para que o Concello iniciase unha campaña de prevención, coa instalación de valos nos puntos perigosos da cidade.

1.119 puntos retirados
O concelleiro de tráfico salientou que, das preto de 15.000 sancións que conlevarían perda de puntos tramitadas polo Concello nos seis meses, 355 xa teñen sanción firme e acumulan a retirada de 1.119 puntos. O 18,59% corresponden a motocicletas. Os lugares onde se cometeron mais infracións son a Avenida Beiramar, Clara Campoamor a Avenida de Samil e a Avenida de Europa.

O Concello tramitou 8.174 sancións con perda de dous puntos, dos que 214 xa son oficiais por, en todos os casos, superar o límite de velocidade entre 20 e 30 km/h. 695 sancións foron impostas por non levar o casco, e conlevan a perda de 3 puntos. 27 das mesmas son firmes.

Nos seis meses, o Concello tramitou outras 1.465 sancións que supón a perda de 4 puntos, das que 37 son definitivas. 29 das mesmas foron impostas por rebasar un semáforo en vermello. A Policía denunciou 5.180 infracións que conlevan a retirada de 6 puntos do carné, 77 xa son firmes. 60 delas corresponden a rebasar a velocidade permitida en 30 km/h, superando tamén nun 50% o devandito límite.
Descargar todas as imaxes