Medioambiente pon en marcha visitas nocturnas ás Illas Cies para ver as estrelas
A Concellería de Medioambiente e o Diretor Xeral do Parque Illas Atlánticas acordaron este martes que preto de 750 persoas visiten as Cíes para coñecer as estrelas. Os participantes quedarán a durmir no camping e pasarán todo un día nas Illas. Esta iniciativa gratuita amplía o programa "Vigo, Camiño ás Estrelas" que a Concellería de Medioambiente ven realizando desde fai semanas. O prazo de inscripción comeza hoxe martes, no teléfono 010.
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medioambiente, amplía o programa "Vigo Camiño ás Estrelas" con visitas nocturnas ás Illas Cíes para ver as estrelas. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, pecharon este martes o acordo co Diretor Xeral do Parque Illas Atlánticas, José Antonio Fernández, polo cal unhas 750 persoas en total poderán disfrutar gratuitamente das Illas Cíes, durante todo un día e unha noite.
As rutas se levarán a cabo en cinco fins de semana, dous no mes de abril e tres en maio, e acudirán unhas 150 persoas en cada visita. Os participantes sairán as 16:30 horas do sábado para retornar a Vigo ás 19:30 horas do domingo, e pasarán a noite no camping das Cíes. Os interesados, que xa poden inscribirse chamando ao 010, deberán levar o seu propio material de acampada, así como roupa de abrigo e de choiva.
O Concello de Vigo acadou asemade un acordo co restaurante das Illas Cíes, polo que os prezos dos menús serán máis económicos para os participantes do programa de Medioambiente.
Con este "novedoso proxecto", en verbas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Concello de Vigo quere ampliar o "éxito" colleitado tanto polo programa "Vigo, Camiño a Camiño" como pola iniciativa "Vigo, Camiño ás Estrelas", ambas, postas en funcionamento pola Concellería de Medioambiente.
As visitas nocturnas están a recibir en torno a 150 e 200 persoas en cada edición, mentres que os roteiros do programa "Vigo, Camiño a Camiño" aglutinan a uns 600 participantes cada fin de semana. Abel Caballero avanzou que o Concello de Vigo está a estudar fórmulas para prolongar ambas iniciativas debido ao interese suscitado.
O alcalde agradeceu especialmente ao Diretor Xeral do Parque Illas Atlánticas, José Antonio Fernández, o seu esforzo e traballo. O acordo contempla que o Concello será o encargado da organización das visitas, mentres que o Parque correrá con todos os gastos derivados da súa financiación.
Descargar todas as imaxes