As obras da nova sede do Eixo Atlántico comezarán "en moi poucos meses"
As obras de adecuación e reforma das novas instalacións do Eixo Atlántico na cidade de Vigo comezarán "en moi poucos meses". Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, tras a sinatura do convenio de colaboración entre a entidade transfronteiriza e a Consellería de Presidencia polo que a administración autonómica se compromete a achegar 400.000 euros para a realización deste proxecto.
"Hoxe Vigo está un pouco máis onde quere estar", afirmou Caballero en relación á consolidación da nosa cidade como "referencia clara" no ámbito da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O alcalde e vicepresidente da eurorrexión adiantou que no prazo dun ano aproximadamente o Eixo Atlántico contará en Vigo cunha sede na que poderá desenvolver os seus proxectos, o que suporá un paso máis no reforzamento do papel central da cidade no mencionado territorio. A nova sede do Eixo estará situada en Villalaura e a súa habilitación virá acompañada da humanización desa zona.
Pola súa parte, o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, sinalou que a nova sede contribuirá á "visibilidade" do traballo do Eixo Atlántico, un proxecto "estratéxico" e "singular" polo seu carácter transfronteirizo e polo seu labor en "asuntos de interese común" como son a xestión de recursos europeos e a definición dun espazo de relacións socioeconómicas compartido. Ademais, Méndez Romeu lembrou que as futuras instalacións do Eixo formarán parte do "entramado institucional" que "estamos interesados en potenciar" en Vigo para dar resposta ao "dinamismo" da cidade.
O presidente do Eixo Atlántico e presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Gaia, Luis Filipe Menezes, afirmou que o convenio asinado este luns é "máis un paso" no traballo de organización dunha entidade transfronteiriza que deste xeito adquire un maior "corpo institucional". Menezes cualificou de "acertada" a localización da nova sede en Vigo dado o carácter "extremadamente dinámico" e "central" da cidade. Con todo, o presidente do Eixo Atlántico non desbotou a creación dunha "instalación semellante" en Portugal.
Ademais de contribuír á adecuación das novas instalacións do Eixo Atlántico en Vigo, a Consellería de Presidencia colaborará co ente transfronteirizo, sempre que isto non supoña maior gasto para o departamento autonómico, para promover a creación dun Sistema de Información Urbano Transfronteirizo do Eixo Atlántico (SIUTEA). Así mesmo, a colaboración ten como obxectivos a implementación de estudos e loxística preliminar para a correcta implantación de instrumentos de ordenación administrativa no ámbito local, a implantación progresiva da Axenda Local Dixital I 2010 nos concellos membros e as actuacións formativas necesarias para o correcto desenvolvemento do anterior.
Descargar todas as imaxes