Escoitar

O Goberno local completará o paseo da desembocadura do rio Lagares

O Concello tamén reforzará o malecón que une dúas das illas de Cíes para mellorar o paseo, e se plantexa que poida servir como barreira contra calquera verquido procedente do Atlántico, o que protexería a riqueza biolóxica e medioambiental da laguna. Ambas conclusións se extraen do encontro que mantivo este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, con responsables da Direción Provincial de Costas

venres, 4 abr 2008
1207314278Cies01.jpg
O Concello de Vigo completará o paseo de madeira da Fox do Lagares, na desembocadura do río, de tal xeito que comece e remate na ponte. Ademáis, o goberno local adopta dúas medidas medioambientais nas Illas Cíes: o reforzamento do malecón de separación das illas e o desprazamento do paseo do peirao á illa de Rodas. As tres medidas son algunhas das medidas adoptadas tras o encontro que mantivo este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, con responsables da Direción Provincial de Costas para por en común novas actuacións e proxectos.

Estas actuacións medioambientais supoñen o inicio dun proceso de cooperación "a gran escala" entre o Concello de Vigo, a Direción Xeral de Costas e o Ministerio de Medioambiente, según avanzou o alcalde. Abel Caballero salientou a vontade das tres institucións de manter "unha relación moi fluída" en materia medioambiental.

O goberno completará o actual paseo de madeira da Fox do Lagares, de tal xeito que empece e remate na mesma ponte da desembocadura do río. Na actualidade, o camiño está incompleto, pois únicamente comeza na ponte, e esta actuación prevé amplialo e completar o paseo á beira da Fox, evitando aos paseantes ter que volver polo camiño andado.

Novas actuacións en Cíes

Nas illas Cíes, o Concello vai reforzar e restructurar o malecón de unión das dúas illas cun dobre obxectivo: mellorar o paseo para os visitantes e tratar de que sirva como barreira natural contra posibles verquidos procedentes do Océano Atlántico, protexendo a riqueza medioambiental e biolóxica da laguna.

Outra actuación prevista polo goberno local contempla mover o paseo do peirao á illa de Rodas, coa finalidade de acadar unha "mellor e máis axeitada adaptación ao medioambiente", xa que evitará que esta infraestructura coarte a expansión natural da duna, feito que está a suceder na actualidade.

Licitado o paseo de A Guía

En chave medioambiental, o alcalde de Vigo aproveitou o encontro deste venres para anunciar que o goberno deu luz verde á licitación do contrato para o paseo do borde litoral do monte de A Guía. Esta actuación, adiantada por Abel Caballero en datas anteriores, conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e o prazo de finalización dos traballos permitirá a apertura aproximada do camiño nun ano e medio.
Descargar todas as imaxes