Escoitar
Educación

Solicitude de praza nas escolas infantís municipais (o-3 anos)Curso 2008-2009

<br />

venres, 4 abr 2008
Do 7 ao 30 de abril de 2008 queda aberto o prazo de solicitude de praza para o novo alumnado (curso 2008/09) nas escolas infantís municipais de Vigo (0 – 3 anos) dependentes da Concellería de Educación.

Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas ou no Servizo de Educación do Concello de Vigo (Rúa Oporto, 1-2º).
Na páxina web do Concello (www.vigo.org) disporán da información necesaria e asi mesmo poderase descargar o impreso de solicitude de praza.

As listas provisionais publicaranse o 30 de maio de 2008 no taboleiro de anuncios de cada escola e no do Concello de Vigo, e abrirase un prazo de reclamacións de 10 días.

As escolas infantís municipais son as seguintes:

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "SANTA CRISTINA" de Lavadores:
Enderezo:Rúa Santa Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono:986 28 07 32

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "ATALAIA" de Teis:
Enderezo:Avd. Doña Fermina, 9 (subida á Guia)
Teléfono:987 37 65 03

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "SANTA MARTA" de Casco Vello:
Enderezo:Rúa Santa Marta, 38 (esquina rúa Torrecedeira)
Teléfono:986 44 21 53

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "COSTEIRA" de Saiáns:
Enderezo:Baixada á Praia, 83 (Saiáns)
Teléfono:986 49 86 77