Escoitar

O XII Festival dos Reencontros celébrase o venres no Auditorio Municipal

O Auditorio Municipal o venres o escenario no que se celebre, a partir das 20.30 horas, a duodécima edición do Festival dos Reencontros, organizado pola Escola Municipal de Danza e Percusión do Concello de Vigo. Trátase dun certame que amosa o folclore galego non só realizado na escola municipal, senón tamén noutras entidades da cidade e que contará coa actuación dos grupos "Os Chouteiros", "Os Atagallos", "Airiños do Parque de Castrelos", "Os Petiscos", "Sangaño" e a banda de gaitas "San Vicente de Barrantes", de Tomiño.

venres, 4 abr 2008
1207304086rencontros.jpg
Os primeiros en subir ao escenario do Auditorio Municipal serán "Os Chouteiros", que pertencen a Escola de Danza do Concello e interpretarán unha ribeirana e un pandeiro. O agrupación está composta por seis parellas de idades comprendidas entre os oito e os once anos. En segundo lugar actuará o grupo de percusión "Os Atagallos", tamén integrado por alumnos da escola municipal viguesa, que acompañarán ao grupo de gaitas "Airiños do Parque de Castrelos" no vals e na xota. Os seus integrantes teñen idades comprendidas entre os nove e os once anos.

En terceiro lugar, o grupo "Os Petiscos", formado tamén por alumnos da escola viguesa de once anos de idade, bailarán unha xota e o fandango Muradán; tras eles actuará o grupo "Sangaño", formado por cinco parellas que se atopan entre as máis veteranas da escola xa que teñen entre 35 e 60 anos, e que bailarán a pandereitada do Antonio e o fandango de Muradán. O peche do festival o porá a banda de gaitas "San Vicente de Barrantes" deTomiño, dirixida por Hipólito Cabezas.
Descargar todas as imaxes