Vigo acolle as III Xornadas Estatais do proxecto "Vacacións en Paz"
No Museo Verbum-Casa das Palabras desenvólvense desde este venres ata o domingo as III Xornadas Estatais do proxecto "Vacacións en Paz", unha iniciativa de solidariedade co pobo saharaui que supón cada ano o traslado de case 9.000 nenos desde os campamentos de refuxiados de Tinduf para seren acollidos por colonias e familias de toda España.
As xornadas, organizadas pola Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS-Sáhara), a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e a Delegación en España do Frente Polisario, contarán coa presenza de representantes das asociacións de apoio ao pobo saharaui e dos delegados saharauis de cada comunidade autónoma, así como de ponentes e invitados institucionais e persoas interesadas a escala individual cuxa asistencia foi estimada proveitosa por CEAS-Sáhara e a Delegación Saharaui.
Por medio de debates, os asistentes intentarán realizar unha análise global do proxecto "Vacacións en Paz" e definir accións futuras para mellorar esta actividade. Así, realizarase unha análise do marco xeral da situación actual do pobo saharaui e buscaranse solucións aos problemas máis acuciantes do proxecto, intentando establecer pautas comúns de actuación para todas as comunidades autónomas.
Ademais, o Verbum servirá de espazo de encontro para o intercambio de opinións cos representantes saharauis e con todas as partes implicadas no proxecto e para a avaliación da imaxe pública da causa saharaui a través do programa "Vacacións en Paz" como actividade de presión cidadá e de sensibilización social e politica.
As xornadas celébranse no mes de abril para que as resolucións que nelas se acorden poidan poñerse en práctica de cara á campaña de "Vacacións en Paz" de 2008, ou ben para que poidan servir de eixo para edicións posteriores.
A celebración deste encontro estatal en Vigo está patrocinada pola Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, a través da Concellería de Benestar Social e a Tenencia de Alcaldía.
Descargar todas as imaxes