A Mancomunidade de Vigo impulsa a preservación e promoción do seu patrimonio verde
<br /> A iniciativa "Patrimonio Verde", liderada pola Deputación de A Coruña, procura poñer en valor o patrimonio natural da rexión Galicia-Norte de Portugal, co obxecto de fomentar a protección, conservación e visualización turística dos seus recursos. A este efecto, a Mancomunidade recibirá unha subvención de máis de 150.000 euros. Ademáis, o Pleno celebrado este venres aprobou a liquidación orzamentaria correspondente ao exercizo de 2007 e validou un orzamento de 420.000 euros para o ano 2008.
Os concellos da Mancomunidade de Vigo aprobaron este venres en sesión plenaria a asociación do organismo ao proxecto "Patrimonio Verde", unha iniciativa que procura a valorización, a preservación e a promoción dos recursos naturais. A Mancomunidade recibira 157.000 euros en concepto de subvencións para o seu desenvolvemento.
O programa, liderado pola Deputación de A Coruña, comeza este ano e remataría en decembro de 2010. O proxecto procura a posta en valor do patrimonio verde da rexión transfronteriza Galicia-Norte de Portugal, un verdadeiro corredoiro medioambiental de gran biodiversidade que integra una variada e rica gama de recursos naturais e paisaxísticos de inigualable valor e beleza.
As súas actividades concretas se agrupan en torno a tres grandes eixos de traballo: a identificación e valorización dos recursos naturais endóxenos, para a consecución dunha estratexia de valorización do entorno efectiva; o establecemento de infraestructuras dinamizadoras do patrimonio natural, cara a unha labor tanto turística como divulgativa; eo acondicionamento de espazos naturais e paisaxísticos, para a súa optimización e mellora.
Tras a súa aprobación no Pleno deste venres, a Mancomunidade pasa a ser socia das entidades públicas de carácter provincial e local que participan do proxecto, e que aspiran á creación dunha rede de municipios co distintivo "Patrimonio Verde". Ademáis, esta iniciativa vai encamiñada a lograr un incremento do turismo natural sostible e a acadar o desenvolvemento de mecanismos de información e de políticas de xestión comúns e transferibles no eido do patrimonio natural.
420.000 euros para 2008
A sesión plenaria deste venres decidíu asemade dar o seu visto bó definitivo ao orzamento da Mancomunidade de Vigo para o exercizo de 2008. O organismo pasa a contar con 420.000 euros neste ano, tras desestimar unha alegación de Cidadáns por Porriño á aprobación inicial dos orzamentos, o pasado 23 de xaneiro.
Ausencia do Partido Popular
O voceiro dos grupos municipais socialistas, Carlos López Font, denunciou ao remate da sesión a actitude dos representantes do PP, quenes non asistiron ao Pleno. Font cuestionou a "despreocupación" dos populares polo "xermen" do que ten que ser a futura Área Metropolitana de Vigo. O socialista pedíu "responsabilidade" aos populares "en beneficio de todos os cidadáns" e solicitou ao grupo popular unha "explicación" pola incomparecencia.
Descargar todas as imaxes