No mes de maio comezará a reforma da rúa Pescadería
As obras de reforma da rúa Pescadería comezarán no vindeiro mes de maio, anunciou este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen indicou que o obxectivo é que estean rematadas para a temporada de verán. O investimento para a execución das diferentes fases da reforma é de 103.000 euros.
Santi Domínguez explicou que a redacción do proxecto, que se vai a encargar nos vindeiros días, inclúe as suxestións expresadas polos hosteleiros, comerciantes, e ostreiras na xuntanza mantida o pasado mes de marzo. "Queremos deseñar os proxectos pensando na xente á que lle vai a afectar, non dende os despachos", subliñou .
O tenente de alcalde explicou que se vai a executar unha cuberta de policarbonato celular realizada en paneis de cores con protección solar e que garanten a protección da choiva. Para desenvolver o proxecto aproveitarase a estrutura xa existente, deixando libres os laterais.
Santi Domínguez sinalou que na zona de Teófilo Llorente vaise executar un novo pilar metálico e dúas novas vigas de características similares ás que xa hai; deste xeito, prolongarase a cuberta tanto na rúa Llorente como na rúa Mestre Mateo.
Levarase a cabo tamén a ampliación das actuais marquesinas de vidro cara ás rúas Mestre Mateo e Baixada ao Forte, co obxectivo de protexer a zona das inclemencias metereolóxicas; estes dous puntos son, precisamente, os máis delicados polas correntes de vento.
Segundo explicou Santi Domínguez, vanse aproveitar as marquesinas de vidro xa existentes, adosando láminas de vinilo tratado con proteción fronte aos raios solares para minimizar a acción do sol. Sinalou que, para protexer as terrazas, instalaranse láminas de PVC enrollable que servirán como quitaventos e tamén se fará un tramo de lona de estrutura atirantada. Ademais, para separar as terrazas correspondentes a cada un dos restaurantes, construiranse biombos de metacrilato a media altura, que serán abatibles desde os edificios, "unificando deste xeito a imaxe da zona".
En canto ao orzamento destinado a esta actuación, o tenente de alcalde sinalou que a execución das distintas fases do proxecto ascende a 103.000 euros. Ao respecto engadiu que como nos orzamentos municipais deste ano a partida destinada á execución desta reforma é de 200.000 euros, a maiores e a petición das ostreiras, completarase a actuación cunha mellora na iluminación da zona.
Descargar todas as imaxes