Xunta de Goberno Local
O goberno local impulsa a mellora da Travesía do Pino, rematada "antes de final de ano"
martes, 26 ago 2008O alcalde informou que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe martes o prego de cláusulas administrativas para a contratación desta obra, cun prazo de execución de 8 semanas e un importe total que ascende aos 221.000 euros. Abel Caballero estimou que "antes de final do ano" estará rematada a mellora do abastecemento e do saneamento, e a reposición do pavimento da Travesía.
O Goberno local inviste 2,44 millóns de euros en humanizacións e construción de beirarrúas nas parroquias
martes, 5 ago 2008O alcalde deu conta da sesión da Xunta de Goberno Local celebrada este martes na que se iniciou "outra quenda masiva de humanizacións" e se licitou a construción de beirarrúas no rural. Abel Caballero informou que as humanizacións do entorno do mercado de Bouzas e do lado dos números pares de Castelao estarán rematadas "a comezos de 2009".
Vigo rexistra un incremento dos padróns de bens inmobles e de actividades económicas en 2008
luns, 4 ago 2008Ambos datos incrementan os rexistrados o pasado ano e os seus impostos supoñen máis de 60 millóns de euros ás arcas municipais. Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, as inscripcións de bens inmobles ascenderon ás 190.793, un 2,18% máis que en 2007, e as computadas no Imposto de Actividades Económicas suben un 11,92%, alcanzando as 4.384.
Sete novas melloras de saneamento, o abastecemento e humanizacións comezan en agosto
luns, 4 ago 2008O alcalde deu conta hoxe luns da aprobación en Xunta de Goberno Local dos Plans de Seguridade e Saúde de sete novos traballos na cidade por valor de case 1,7 millóns de euros. As obras darán comezo entre o 11 e o 18 de agosto en Bouzas, Cabral, Candeán, Balaídos e Teis, entre outras zonas, e estarán rematadas nun prazo que oscila entre 1 e 5 meses.
Ata 25 rúas da cidade estarán en obras de mellora este setembro
luns, 7 xul 2008O alcalde, Abel Caballero, informou este luns que os traballos de mellora da Alameda de Bouzas e de Eugenio Kraft, en Balaídos, comezarán "en 20 días aproximadamente". Ademais, o rexedor adiantou que en dúas semanas empezan as humanizacións do mercado de Teis e da rúa Esperanto. En total, e xunto cos aparcadoiros xa en obras, "entre agosto e setembro", 25 rúas de Vigo estárán en traballos de mellora.
O Goberno aproba a contratación de urxencia do servizo de socorrismo para nove areis da cidade
venres, 27 xuñ 2008A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a tramitación de emerxencia para a contratación do servizo de salvamento e socorrismo de nove areais da cidade: Rodas, A Punta, O Tombo do Gato, Argazada, O Vao, Fontaíña, Canido, Samil e Fortiñón.