Xunta de Goberno Local
O Concello solicitará ao INEGA subvencións para adoptar medidas de aforro enerxético en Vigo
mércores, 8 out 2008A Xunta de Goberno Local aprobou esta proposta, á iniciativa da Concellería de Medioambiente, que prevé a instalación de melloras na iluminación no Parque Central do Concello e na estrada vella de Madrid con sistemas de baixo consumo. O alcalde, Abel Caballero, deu conta este mérocres desta "batería de actuacións de aforro enerxético" aprobada polo goberno local.
Abel Caballero anuncia a publicación "inmediata" das condicións para adquirir unha praza para residentes nos novos aparcadoiros
luns, 15 set 2008O alcalde adiantou hoxe luns a modificación da publicación e contratación do aparcamento para residentes aprobada polo goberno local, polo que se publicarán "de forma inmediata" as condicións necesarias para adquirir unha das 717 prazas reservadas nos seis novos parkings soterrados da cidade. <br />
O alcade subliña que "en 2009 a carga fiscal vai diminuir" na cidade
luns, 15 set 2008Abel Caballero informou este luns do acordo adoptado polo goberno local, polo que os impostos reais se conxelan e diminúe a carga fiscal cunha "visión social". Segundo explicou o alcalde, se establece un novo sistema que reduce nun 3% o imposto de bens inmobles, se incrementan as dedución aos vehículos ecolóxicos e se amplías ás parellas de feito a bonificación do 50% na transmisión por mortis causa da vivenda habitual.
O Concello elaborará un estudo para mellorar o servizo do Vitrasa ao CUVI e ao Parque Tecnolóxico
luns, 1 set 2008O alcalde informou, en rolda de prensa celebrada tras a Xunta de Goberno Local deste luns, que o Concello aprobou solicitar unha subvención ao INEGA para financiar os estudos encargados para mellorar o transporte público tanto ao Campus Universitario como ao Parque Tecnolóxico vigués. Ambos son "moi pouco eficientes", segundo explicou Abel Caballero.
O alcalde pasa revista ás necesidades da Guardia Civil co seu novo Capitán
luns, 1 set 2008Abel Caballero mantivo este luns un encontro protocolario con Francisco Javier Torres Bonache, o novo Capitán da entidade, onde pasaron revista ás necesidades da Guardia Civil na cidade. O alcalde anunciou que retomará a idea de construir unha nova instalación que aglutine todos os dispositivos do corpo.