Escoitar

O alcalde anuncia o "inicio inminente" da rexeneración do paseo de A Guía

Abel Caballero avanzou este luns que a obra está "a piques de comezar", pois está pendente de que o Ministerio de Medioambiente do Goberno de España e Tragsa, a empresa que realizará os traballos, asinen o contrato por valor de 1,5 millóns de euros. Así, o alcalde sinalou que a desaparición do tráfico no cortafogos será "inminente". <br />

luns, 9 feb 2009
1234188335P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe o "inicio inminente" das obras para a rexeración do paseo do monte de A Guía, a falta da sinatura do contrato entre o Ministerio de Medioambiente do Goberno de España e a empresa Tragsa, encargada da realización do proxecto.

O rexedor salientou que a rúbrica do contrato, por valor de 1,5 millóns de euros, é o único trámite pendente para o inicio, polo que estimou que a desaparición do tráfico no cortafogos será "cuestión de días". Abel Caballero adiantou que, ao tempo que se efectúa o paseo, se arranxará asemade tanto o monte como o mirador de A Guía.

Ademais, e por mor do temporal, o alcalde informou que se habilitou o paso ocasional de vehículos polo cortafogos xa que houbo desprendementos na rúa Piñeiro, o que obrigou á súa clausura.

Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns en sesión ordinaria a ontratación da humanización de Faustino Álvarez, por 173.000 euros, no que constitúe a primeira contratación en Vigo dos proxectos do Fondo Estatal de Inversión Local do Goberno de España. Tamén se aprobou o prego de contratación para a mellora dos centros educativos na cidade, con ao redor de 350.000 euros de investimento.

O alcalde informou ademais de que o pasado venres deron comezo as obras de humanización na rúa Coruña, nas que o tráfico "vai razonablemente ben". Por outra banda, hoxe luns comezaron as obras na Travesía do Pino, que se alongarán dous meses e supón 217.000 euros de inversión e o próximo mércores se inician os traballos de humanización na rúa Covadonga, no entorno do mercado de Bouzas, por tres meses.
Descargar todas as imaxes