Escoitar

O COAG presenta en Vigo a exposición "Hitares. Os lugares dos cidadáns"

A Estación Marítima de Vigo acolle a exposición "Habitares.Os lugares dos cidadáns", onde se propón unha profunda análise da urbe contemporánea tomando como base tres cidades portuguesas e sete galegas, entre elas Vigo.

venres, 6 feb 2009
1233925869coag.jpg
A mostra, organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia -COAG-, foi presentda polo presidente da delegación en Vigo do COAG, Salvador Fraga, acompañado dos arquitectos Luciano G. Alfaya e Patricia Muñiz, comisarios da exposición.

En Habitares recóllese un laborioso traballo de máis de 200 fotografías, un video sobre os espazos de Vigo e planos e estatísticas sobre habitabilidad de distintas cidades do noroeste peninsular (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ourense, Viana do Castelo, Braga e Oporto). Os comisarios do proxecto, xunto ao Colectivo Ergosfera e a un grupo de profesionais formado por arquitectos, enxeñeiros e fotógrafos de Galicia e do Norte de Portugal, desenvolveron para a exposición un estudo onde reflicten as fisuras na programación das cidades nas que vivimos, a potencialidad de moitas infraestructuras e as pegadas que os cidadáns deixan no espazo público.

Por outra banda, a mostra presenta tamén un esquema de usos das cidades galegas, no que se evalúa a percepción dos límites urbanos dos cidadáns e exprésanse os seus vínculos afectivos cos distintos barrios. Ademais, proxéctase un percorrido audiovisual pola cidade de Vigo, no que se mostran localizaciones que son transformadas e que en ocasións pasan desapercibidas.

Habitares, impulsada polo COAG co apoio da dirección xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia e da Autoridade Portuaria de Vigo, foi concibida a raíz do II Foro Internacional Cidade, Territorio e Urbanismo celebrado fai uns meses en Santiago. Permanecerá aberta ata o día 22 de marzo, e a entrada é gratuita.
Descargar todas as imaxes

Máis información