Escoitar

Santi Domínguez presentou a unidade didáctica que dará a coñecer a Reconquista aos estudantes vigueses

Os alumnos vigueses de Educación Secundaria Obrigatoria van achegarse á Reconquista a través dunha unidade didáctica, que recolle a historia deste acontecemento do que se cumprirán dous séculos o vindeiro 28 de marzo. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, pesentou hoxe a unidad co que "queremos que os rapaces e rapaces traballen na aula e se acheguen a un dos grandes acontecementos históricos da nosa cidade".

venres, 6 feb 2009
1233917438recon.jpg
A unidade didáctica sitúa aos estudantes no contexto histórico europeo de 1809, caracterizado pola figura de Napoleón, e trasládase logo ao local, presentando aos personaxes que interviñeron na Reconquista e a evolución dos feitos ata a liberación da vila da ocupación francesa. Segundo explicou o tenente de alcalde, chegará aos máis de dez mil alumnos de Educación Secundara Obrigatoria do municipio, de xeito que poda incorporarse como un contido docente ao longo do mes de marzo, coincidindo co aniversario da Reconquista.

Santi Domínguez adiantou que dentro da programación especial que está a desenvolver a Tenencia de Alcaldía enb relación á celebración do Bicentenario, convocarase o Premio Reconquista, no que poderán participar todos os alumnos da ESO da cidade. A aula gañadora terá como premio un viaxe a París e para os segundo clasificados haberá unha viaxe a Lisboa.

O premio está deseñado para a participación por aulas, de xeito que entre todos os rapaces e rapazas, dirixidos polo seu profesor, fagan un mural no que expresen a súa idea sobre a Reconquista. Fotografías dos escenarios do evento, deseños que recreen a batalla final, cronoloxías... calquera formato será, segundo Santi Domínguez, benvido no mural, no que se valorará tamén a creatividade dos estudiantes. Os traballos poderán ser presentados no Museo de Castrelos, entre os días 2 e 29 de marzo de 2009, ambos inclusive.

Asemade, está xa aberto o prazo para a reserva de visitas escolares guiadas á exposición "Reconquista: 1809-2009", que se celebrará no Museo de Castrelos do 6 ao 30 de marzo de 2009. O tenente de alcalde dixo que "vai ser a mellor exposición" sobre a temática da Reconquista que se poda ver no Estado e unha das mellores de Europa. "Vainos encher de orgullo a todos os vigueses e viguesas", asegurou.

Os centros que o desexen poden xa concertar a visita a través da páxina web www.reconquistadevigo.org, dentro do apartado "exposición", enchendo a ficha deseñada ao efecto e enviándoa a través da propia páxina web. A organización da exposición contactará posteriormente cos centros para fixar a visita de cada grupo. Para facer máis atractiva a exposición para os estudiantes vigueses, haberá visitas guiadas, cun personaxe moi especial que, caracterizado como na época da Reconquista, presentará aos rapaces e rapazas os elementos da mostra, repasando os acontecementos dun dos momentos decisivos na historia de Vigo.


1233917438recon.jpg
1233924082unidadedidactica.jpg
Descargar todas as imaxes