Xunta de Goberno Local
As humanizacións do entorno de Povisa e Sanjurjo Badía comezarán a mediados de xullo
luns, 23 xuñ 2008O alcalde informou este luns, tras a celebración da Xunta de Goberno Local, que os traballos para a mellora destas dúas zonas da cidade durarán entre 5 e 6 meses, co que "a principios de ano" estarán concluídas. Abel Caballero explicou os orzamentos das humanizacións, que superan os 2,7 millóns de euros, e salientou a aprobación da reforma do entorno do mercado de Bouzas. <br />
O Goberno Local adapta a Mesa de Contratación á nova Lei de Contratos
martes, 17 xuñ 2008A Xunta de Goberno Local ven de aprobar onte, fóra da orde do día, a adaptación organizativa da Mesa de Contratación á nova Lei de Contratos do Sector Público (LCSP), en vigor desde o 30 de abril.
Os novos aparcadoiros de Jenaro de la Fuente e Castelao comezarán a construirse en xullo
luns, 2 xuñ 2008A Xunta de Goberno Local aprobou este luns os proxectos construtivos dos aparcadoiros soterrados de Castelao, Jenaro de la Fuente e Rosalía de Castro. Os dous primeiros poderán iniciarse "no prazo dun mes", segundo adiantou o alcalde, mentres que no de Rosalía de Castro continúan a realizarse as catas arqueolóxicas previas.
O Goberno Local inicia a contratación do servizo de salvamento e socorrismo nos areais de Vigo
venres, 23 mai 2008O obxectivo do goberno, segundo informou o alcalde de Vigo, é "obter ao menos as mesmas bandeiras azuis que o pasado ano", para o que a Xunta do Goberno Local procedeu este venres ao inicio da contratación polo procedemento de urxencia. Ademais, o executivo deu o visto bó á contratación da asistencia técnica para a elaboración de estudos de mobilidade á Universidade e ao Parque Tecnolóxico.