Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 14 nov 2008
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 17 DE NOVEMBRO DE 2008.

1.- Acta da sesión ordinaria do 3 de novembro de 2008.

ALCALDÍA
2.- Proposta para deixar sen efecto as actuacións administrativas realizadas para a contratación dun programa de consultoría e asistencia técnia á Alcaldía. Expte. 4578/101.

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
3.- Proposta para a decoración da lonxa da Casa do Concello e da Praza do Rei no Nadal. Expte. 2884/335.

4.- Prórroga do convenio coa Fundación Integra para a realización dun programa de formación práctica na Administración Local. Expte. 36362/301.

BENESTAR SOCIAL
5.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Alta expte. 22/2508, 13/337, 13/2257, 13/2219, 03/2061, 14/1857.

EDUCACIÓN
6.- Solicitude de subvención ao Instituto Enerxético de Galicia para a substitución de sistemas de calefacción nos Centros de Ensinanza Ría de Vigo e Doutor Fleming, e estudio de iluminación interior dos colexios públicos. Expte.

INTERVENCIÓN XERAL
7.- Dar conta das operacións de peche do exercizo orzamentario do 2008.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
8.- Devolución de aval a D. Ernesto Mosteiro Canosa constituído pola celebración da II Xuntanza Cabalar. Expte. 75554/210.

9.- Devolución de aval á Sociedade Cultural Comisión de Festas da Consolación constituído pola celebración das Festas da Consolación de Coia. Expte. 75174/210.

10.- Transferencia á empresa Viguesa de Transportes S.L. da subvención concedida pola implantación de transportes públicos accesibles. Expte. 75562/210.

11.- Concesión dunha axuda a D. Franciso Luis González por ser titular de licenza de eurotaxi. Expte. 75632/210.



PARTICIPACIÓN CIDADÁ
12.- Outorgamento de subvencións para o fomento de actividades de participación cidadá e desenvolvemento sociocomunitario para o ano 2008. Expte. 3805/320.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
13.- Toma de coñecemento do cambio da denominación social da empresa Santiago Cucart s.L. Expte. 2513/241.

14.- Dar conta do acordo da Mesa de Contratación sobre adxudicacións definitivas.

15.- Solicitude de D. José Barral Domínguez de peche da zona exterior da terraza contigua á cateteria do edificio do Concello. Denegada. Expte. 18191/240.

16.- Devolución de garantías:
a) Obras y Construcciones Dios. Expte. 15804/240, 1629/241.
b) IMESAPI S.A. Expte. 2480/241.
c) Longo Ansa y Asociadios S.L. Expte. 2490/241, 2491/241, 2492/241, 2493/241.
d) José Valtierra Pérez. Expte. 2502/241.
c) Anónimo Publicidad. Expte. 2504/241.

17.- Solicitude da Sociedade Estatal Correos y Telégrafos S.A. de devolución de aval pola instalación de buzóns na vía pública. Denegada. Expte. 18403/240.

18.- Recurso de reposición interposto por Dª. Mónica Mascherpa López contra acordo da X.Goberno local de 21.04.08 desestimatorio de reclamación patrimonial. Expte. 1520/240. Desestimado.

19.- Recurso de reposición interposto por Dª. Flora Cameselle Jorge contra acordo da X.Goberno local do 27.06.08 desestimatorio de reclamación patrimonial. Expte. 1459/243. Desestimado.

20.- Recurso de reposición interposto por Dª. Remedios Voces Cuadrado contra acordo da X.Goberno local do 21.04.08 desestimatorio de reclamación patrimonial. Expte. 1416/243. Desestimado.

21.- Adxudicación definitiva das obras de construción de beirarrúas na rúa Xuncal. Expte. 55339/250.

22.- Adxudicación definitiva das obras de mellora da rede de abastecemento, saneamento e reposición de pavimento da Travesía do Pino, fases 1 e 2. Expte. 55587/250.

23.- Adxudicación definitiva das obras de construción de beirarrúas na rúa Canteiros. Expte. 56105/250.

24.- Adxudicación definitiva das obras de construción de beirarrúas na baixada a Sta. Cristina Fase 1. Expte. 56100/250.

25.- Adxudicación definitiva de obras de construción de beirarrúas na rúa Manuel Costas Bastos. Expte. 56099/250.

26.- Adxudicación definitiva das obras de reurbanización da praza de Eduardo Chao. Expte. 55602/250.

27.- Adxudicación definitiva das obras de construción de beirarrúas na rúa Muiños. Expte. 56097/250.

28.- Adxudicación definitiva das obras de construción de beirarrúas na rúa Santa Marina. Expte. 55428/250.


PATRIMONIO HISTÓRICO
29.- Modificación da base décimo segunda da convocatoria das bolsas do Museo Municipal "Quiñones de León" 2008. Expte. 3310/337.

PERSOAL
30.- Proposta de productividade de diversos servizos correspondente ao ano 2008. Expte. 18559/220.

31.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondentes aos meses de maio e setembro-2008 (inclue horas de febreiro a abril 2008). Expte. 18516/220.

32.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do Servizo de Extinción de Incendios por exceso de xornada anual correspondente ao mes de outubro-2008. Expte. 18551/220.

SERVIZOS XERAIS
33.- Convalidación de gasto por importe de 45.670,39 € a favor de IMER-ESYCSA correspondente ao mantemento de túneles durante o mes de setembro. Expte. 12686/444.

34.- Devolución de fianza a Integga S.L. constituída polas obras de canalización para acometida de abastecemento na rúa Joaquín Lóriga. Expte. 54974/250.

35.- Devolución de fianza a Edelne S.L. constituída polas obras de canalización para acometida de abastecemento na rúa Coutadas. Expte. 56812/250.

36.- Expediente de contratación para a subministración dunha máquina minipala. Expte. 5649/445.

37.- Expediente de contratación para a subministración dunha máquina para movemento de palets. Expte. 5650/445.

38.- Expediente de contratación para a subministración, adaptación e reforma de equipos de bacheo para o Parque Móbil do Concello de Vigo. Expte. 5651/445.

39.- Modificado nº 1 do proxecto de humanización do entorno do Calvario- rúa Aragón. Expte. 39/440.

40.- Modificado nº 1 do proxecto de humanización do entorno do Calvario – rúas Cataluña y León. Expte. 40/440.

41.- Modificado nº 1 do proxecto de humanización do entorno do Calvario – rúa Sagunto. Expte. 41/440.

42.- Modificado nº 1 do proxecto de humanización da rúa Eugenio Kraff. Expte. 42/440.

43.- Modificado nº 1 do proxecto de humanización da rúa Esperanto. Expte. 43/440.


TURISMO E COMERCIO
44.- Desestimento da Federación de Empresarios de Hostelaría de Pontevedra á subvención concedida dentro do Plan de Calidade Turística 2007. Expte. 2331/104.

45.- Aprobación das tarifas polo uso dos postos do Mercado do Progreso para o ano 2008. Liquidaicón de cantidades adebedadas polo exercizo 2008. Expte. 4/551.

46.- Recurso de reposición formulado por Distribuciones Froiz S.A. contra liquidacións polouso dos postos do Mercado do Progreso. Liquidación de cotas do período abril 2007-decembro 2008. Estimado. Expte. 5/551.

47.- Solicitude de devolución de aval a nome da Asociación de comerciantes vendedores do Mercado do Progreso por contrato de Xestión/Explotación do Mercado do Progreso. Expte. 6/551.

URBANISMO
48.- Recurso de reposición contra o acordo de constitución de servidume de medianería recíproca das parcelas 2 e 3 do Plan Parcial Gandariña. Expte. 4847/401.

49.- Rogos e preguntas.




DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 17 de novembro de 2008, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 14 de novembro de 2008.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.