Tarxetas de estacionamento de vehículos das persoas con discapacidade
O Concello de Vigo vai renovar as tarxetas de estacionamento de vehículos das persoas con discapacidade. A finalidade desta renovación é garantir que o titular dunha tarxeta deste tipo disfrute das facilidades de estacionamento relacionadas coa mesma.
O formato da nova tarxeta respectará o modelo comunitario, non obstante, introducirá elementos de seguridade para impedir a súa falsificación ou imitación fraudulenta por outros cidadáns.
Requírese aos titulares de ditas tarxetas que presenten na oficina administrativa da Policía Local, en horario comprendido de 09.00 a 13.00 horas, unha fotografía dixitalizada tamaño carnet do titular da tarxeta. Dita fotografía tamén pode ser remitida por correo electrónico á seguinte dirección: ofi.policialocal@vigo.org. Asemade, no suposto de existir algunha variación nos seus datos persoais deben comunicalo. O prazo de presentación finaliza o vindeiro 5 de decembro de 2008.