O circuíto municipal "Vigo a Escena" achega o teatro a seis barrios diferentes da cidade esta fin de semana
A veciñanza de Lavadores, Beade, As Travesas, A Miñoca, Zamáns e Candeán poderá gozar esta fin de semana coa programación de teatro do "Vigo a Escena", organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo. Hoxe 14 de novembro, a compañía The Pinga Teatro representará "Unha rosa no xardín" en Lavadores; mentres que mañá, 15 de novembro, Aforo Teatro interpretará "Do cotián: o absurdo" en Beade, Máscara Producións levará á escena "Asalto de Cama" no paraninfo do instituto Santa Irene, e Disque Danza presentará "E me deixo enlear" no auditorio do Conservatorio de Música da Miñoca; o domingo 16 de novembro, Títeres en Acción representará "Trastos vellos" en Zamáns e Aforo Teatro levará a obra "Do cotián: o absurdo" en Candeán.
"Achegar a cultura a toda a cidadanía consititúe unha das principais liñas de traballo da Concellería de Cultura e o programa Vigo a Escena é unha boa mostra deste obxectivo", salientou Xesus López. Ademais, segundo o edil nacionalista deste xeito poténciase o coñecemento do traballo que están a desenvolver as compañías de teatro viguesas.
A compañía The Pinga Teatro representará hoxe, ás 18 horas, a obra dirixisa a un público familiar "Unha rosa no xardín" na AVCD de Lavadores. Trátase dunha historia chea de emocións e vivencias na que o can, os paxariños e as serpes e, por suposto, unha rosa, son os protagonistas.
Mañá sábado, 15 de novembro, o "Vigo a Escena" ten programadas tres representacións. A primeira delas corresponde a obra "Do cotián: o absurdo", que Aforo Teatro interpretará no AVCD-CSCR de Beade ás 20 horas. Nesta obra dirixida por Leonel García Laborde e interpretada por César Aldea, Francelina Méndez, Edgar Costas Susana Faccio e Niki Campos, o punto de partida é o propio mundo no que vivimos e o que sentimos. A seguinte representación terá lugar no paraninfo do instituto Santa Irene, onde Máscara Producións levará á escena "Asalto de Cama" ás 20.30 horas. Nesta obra, os actores Marco Álvarez Solla, María Álvarez Lagarón, Xerome Calero, Verónica Codesido e Pablo Puga, baixo a dirección de Xerome Calero, levarán á escena o amor e os seus diferentes móbiles dende a óptica do humor. Finalmente, Dsique Danza representará a obra "E me deixo enlear", no auditorio do Conservatorio de Música da Miñoca, ás 21 horas.
O domingo 16 de novembro, están programadas dúas obras. Por unha banda, Títeres en Acción representará "Trastos vellos" na AVC San Mamede de Zamáns, ás 17.30 horas. Dirixida a un público familiar, a historia céntrase nas aventuras de Choliño, Maripili, Marti e Ficus, que unen as súas forzas para evitar que os humanos limpen o vello fallado no que conviven. Xa ás 19 horas, Aforo Teatro representará a obra "Do cotián: o absurdo" no UVCD de Candeán.