xoves, 13 nov 2008
O alcalde de Vigo e a Dirección de FENOSA acordaron alcanzar este obxectivo nos próximos 10 anos, para o que a entidade investirá na cidade 100 millones de euros. En Vigo, o índice de interrupción do servizo é de 30 minutos por ano, un dos mellores niveis de España, e a planificación de infraestruturas eléctricas prevé reducilo a únicamente 20 minutos.
xoves, 13 nov 2008
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso subliñou estes xoves a necesidade de seguir promovendo a formación en igualdade, sobre todo coa xente nova. No acto de clausura do curso formativo de promotoras de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a edil do BNG agradeceu o interese e a resposta das persoas participantes na iniciativa "que demostra que non estabamos tan erradas na organización desta iniciativa".
xoves, 13 nov 2008
A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, salientou este xoves que os orzamentos do seu departamento para o 2009 apostan pola recuperación do patrimonio histórico vigués. Na presentación das contas para o vindeiro exercicio a edil nacionalista subliñou que os orzamentos inciden na "posta en valor do xacemento do Castro e na mellora do xardín histórico de Castrelos".