Escoitar

Abre oficialmente as súas portas en Vigo o Centro de Asesoramento aos inmigrantes

As máis de 16.000 persoas inmigrantes que residen en Vigo contan desde xuño cun novo centro de información, orientación e asesoramento no baixo do número 43 da rúa Don Bosco, aberto oficialmente este mércores. A instalación, inaugurada polo presidente da Fundación Juan Soñador, o presidente de Caixanova e o alcalde, desenvolve funcións de asistencia social, xurídica e de formación.

mércores, 12 nov 2008
1226497344P1010029.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores o novo Centro de Información, Orientación e Asesoramento para inmigrantes na rúa Don Bosco 43, xunto cos Presidentes da Fundación Juán Soñador, José Rodríguez Pacheco, e da Caixanova, Julio Fernández Gayoso.

O centro desenvolverá accións de asistencia social e xurídica e de formación a persoas inmigrantes, así como de sensibilización e de voluntariado. A instalación se enmarca no plan integral de apoio para inmigrantes "Teranga", unha iniciativa que pretende facilitar a atención e integración dos máis de 16.000 estranxeiros que residen en Vigo.

Este é o segundo proxecto do plan en Galicia, en funcionamento desde xuño deste ano. A xestión do centro corre a cargo da Fundación Juan Soñador, e se completa co plan de emprego para a integración dos inmigrantes.

Ademais da formación e información e da asistencia social e xurídica, o centro ofertará aos inmigrantes os servizos dun aula informática e dunha sala de prensa. A liña de traballo está centrada na sensibilización, polo que o centro levará a cabo actividades en sedes educativas da cidade, talleres interculturais e mesas informativas.

A este respecto, o alcalde destacou a achega do colectivo inmigrante en Vigo, a cidade de Galicia que máis estranxeiros alberga, e a labor de concienciación de todos cun obxectivo común, "construír cada día un lugar mellor para vivir", salientou Abel Caballero.

No acto de apertura se presentou asemade o proxecto laboral que desenvolve o centro desde a súa recente apertura. Trátase dun servizo máis específico centrado na inserción laboral dos inmigrantes, grazas ao cal varias decenas de persoas xa atoparon un emprego.

Ao remate da presentación, a Fundación entregou ao Presidente de Caixanova unha distinción que recoñece a entidade financeira coma socio protector da institución.
Descargar todas as imaxes