O MARCO celebra a fin de semana a festa do 6º aniversario
O 13 de novembro de 2008, o MARCO cumpre seis anos dende a súa apertura ao público a finais do ano 2002. Durante a fin de semana do 15 e 16 de novembro, unha vez máis, a festa do 6º aniversario ofrece un amplo programa de actividades para públicos de todas as idades, que inclúe espectáculos de maxia nas salas, Maratón ArtFutura no salón de actos, DJs na cafetería, talleres para familias no Laboratorio das Artes, actividades específicas para maiores na Biblioteca, obradoiros para público infantil na tenda-librería Plaxio, menús e sorpresas no restaurante TEMPO, e visitas guiadas ás exposicións temporais, entre outros eventos.
Para esta especial ocasión, o museo permanecerá aberto ao público nun horario máis amplo do habitual, incluíndo a noite e madrugada da fin de semana: de forma ininterrompida dende as 11.00 da mañá do sábado ata as 05.00 da madrugada do domingo, e reanudándose dende as 11.00 ata as 21.00 do domingo.