Escoitar

As promesas do karate vigués, diante de rivais de Madrid, Asturias e Castela-León no Cidade de Vigo

Por segundo ano consecutivo o pavillón de Bouzas acollerá este sábado día 15 o Trofeo Cidade de Vigo de Karate. Dende as 17.30 horas, uns oitenta karatecas de clubs de Vigo (A.D. Zanshin), Madrid (San Miguel Arcángel e Lorenzo Parra), Castela-León (C.A. Segoviana) e Asturias (Arenas) competirán polo triunfo en kata, kobudo e kumite por equipos e mixto.

mércores, 12 nov 2008
1226497526trofeokarate.jpg
Na rolda de prensa celebrada hoxe, Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, destacou a consolidación do torneo, xa na súa novena edición, e asegurou que "é a nosa obriga apoiar eventos, pero facilita moito as cousas que detrás exista un club ou unha federación que tiren do torneo e preocúpense". O concelleiro aplaudiu a calidade do certame e valorou que "se poida ver a xente con proxección de futuro".

O presidente da Agrupación Deportiva Zanshin, Fernando Álvarez, agradeceu os nove anos de apoio do Concello (é patrocinador principal, nesta oportunidade xunto coa inmobiliaria Navás), destacou a calidade dos participantes e asegurou que en Vigo se citarán en bo número campións de España da modalidade. En kumite apuntou ao Club Areas de Asturias, en kobudo citou entre os favoritos aos locais Raquel Ordóñez, Sheila Álvarez e Javier Rey, e en kata a Cristel Fernández, tamén do Gimnasio Asturias e campioa de España.

O Arenas e o Lorenzo Parra son dous clubs fixos do torneo, mentres que para a Asociación Segoviana é a súa terceira participación consecutiva. O San Miguel Arcángel é a novidade respecto dos últimos anos.
Descargar todas as imaxes