Xunta de Goberno Local
Concello e Política Agroalimentaria farán fronte a diversas obras de infraestructura no rural
luns, 18 abr 2005A Xunta de Goberno Local aprobou ademais o convenio para a celebración do Concurso nacional de Piano, o proxecto de humanización da rúa Velázquez Moreno e un convenio coa Universidade en materia de Mobilidade.
A Xunta de Goberno aproba a instalación da Pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas
luns, 11 abr 2005A obra conta cun orzamento de máis de 250.000 euros asumidos por Política Territorial. A Xunta aprobou tamén a solicitude para a declaración de 25 praias como zonas de baño habilitadas e a construcción dun depósito de augas en Beade.
O Concello consegue un préstamo a 10 anos para financiar os investimentos
luns, 11 abr 2005O concelleiro de Economía cualificou o préstamo da "mellor operación financeira feita polo Concello". É un crédito a longo prazo sendo o tipo de interese o Euríbor. Caixa Galicia presentou unha oferta máis vantaxosa que Caixanova ante a demanda do Concello.
A maior parte das obras do Plan Vigo 2005 estarán rematadas para a saída da Volvo
luns, 4 abr 2005O concelleiro José Manuel Figueroa asegurou que as obras da Alameda, Uruguai e Colón estarán listas no mes de agosto e que o resto tratarán de finalizarse no menor tempo posible.
Aprobada a contratación das monitoras do programa da Concellería da Muller "Eu tamén sei"
martes, 29 mar 2005A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe martes a contratación, pola cantidade de 5.940 euros, das monitoras que impartirán os cursos do programa da Concellería da Muller "Eu tamén sei". Na mesma reunión da Xunta de Goberno tamén se adxudicaron os servizos de conservación e reposición de zonas verdes e de parques infantís.
Vigueses Distinguidos 2005
luns, 21 mar 2005José María Teijeiro Rois, Manuel Robles González, Club de los Leones de Vigo, Javier de la Gándara Alonso, Escola Municipal de Danza e Percusión, Eduardo Fernández Davila, Raimundo Sendino Ortega, Colegio Niño Jesús de Praga, Asociación Benéfica Damas da Concepción, Manuel Parcero Rodríguez e Bieto Ledo Cabido, son as persoas e colectivos que este ano recibirán o galardón de vigueses distinguidos, segundo acordo en sesión extraordinaria e urxente a Xunta de Goberno Local celebrada o 21 de marzo, ás 13 horas.