martes, 28 xan 2014
O concelleiro de Fomento, David Regades, alertou este martes da paralización das obras da rúa Areal, pendentes dunha autorización do Porto para realizar duas canalizacións en terreo portuario. Tal e como indicou en rolda de prensa, unha delas é para albergar a rede semafórica do paso de peóns cara ao parque infantil e a segunda, para albergar o abastecemento que posibilite o regadío dos xardíns.
martes, 21 xan 2014
O concelleiro de Fomento, David Regades, informou este martes do inicio en febreiro de 21 actuacións en toda a cidade, desde as humanizacións de Genaro de la Fuente, Hispanidade e Marqués de Valterra ata a escola infantil e o novo acceso a Navia. Estarán rematadas nun prazo máximo de tres meses.
luns, 20 xan 2014
O alcalde avanzou un plan de investimentos para os próximos meses cun importe total de 10 millóns de euros que, na súa opinión, serán "gran xeradoras de emprego". Este montante é resultado da suma dos 5,9 millóns do superávit de 2012 e os investimentos de Aqualia para 2014, que superan os 4 millóns de euros. Engadiu que a estes investimentos haberá que engadir os previstos no documento de orzamentos do exercicio 2014.
luns, 13 xan 2014
O concelleiro de Fomento, David Regades, garantiu este luns a calidade da auga potable da cidade tras informar do estudo de 104.272 mostras recollidas o pasado ano en máis dunha treintena de puntos da rede de servizo, desde o encoro de Eiras ata nas canalizacións de abastecemento.
venres, 10 xan 2014
Abel Caballero visitou hoxe os traballos de mellora da rúa Camelias, unha vez rematada a renovación do saneamento en toda a primeira fase -entre Independencia e Doutor Marañón. En 8 meses rematará as obras desta primeira fase dunha humanización que na súa totalidade chegará á rúa Venezuela cun custo de 6,5 millóns.
xoves, 9 xan 2014
O alcalde coñeceu hoxe de primeira man a evolución das obras de humanización que se están a acometer na rúa Anduriña. Tal e como explicou, nun mes estarán rematados os traballos de renovación de beirarrúas, asfaltado e pluviais.
martes, 7 xan 2014
Nestes días retómanse en Vigo as obras en marcha en distintas zonas da cidade, tal e como apuntou hoxe martes o rexedor quen explicou que os traballos de humanización reinicianse logo do parón das festas do Nadal. En rolda de prensa deu conta ademais da adxudicación de obras por valor de máis dun millón de euros.
mércores, 18 dec 2013
As obras de demolición de tres inmobles para mellorar o tránsito en Peniche rematán nesta semana e, a continuación, procederase á preparación do terreo, salvando o desnivel entre López Mora e Camiño Pazos. As obras da rotonda e zonas verde previstas na zona realizaránse con cargo aos orzamentos do 2014.
mércores, 11 dec 2013
O alcalde visitou este mércores os traballos de reforma da rúa, no tramo entre Areal e Rosalía de Castro, cun orzamento superior aos 500.000 euros. A humanización cambiará as redes soterradas de saneamento, abastecemento e pluviais de Canceleiro, ademais de renovar a superficie.
mércores, 11 dec 2013
A Xunta de Goberno Local deu verde á adxudicación das obras de asfaltado de 13 rúas do casco urbano da cidade, por un importe de case 300.000 euros, unha cifra á que se suman outros 497.633 euros aprobados recentemente para reforzar a capa de rodadura doutras 14 rúas do rural.