luns, 19 ago 2019
Trátase dunha remodelación "moi singular, moi especial", en verbas do alcalde, quen presidiu o acto este luns. A céntrica rúa loce agora en cores, acentuando o carácter peonil dunha zona de "xente traballadora" que foi "abandonada durante décadas" por gobernos anteriores.
luns, 12 ago 2019
O alcalde visitou este luns os traballos de reforma que o Concello acomete actualmente na Avenida, no tramo comprendido entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro. O Concello -que supera os 5 millóns de investimento na mellora de García Barbón- realiza xa as catas arqueolóxicas para continuar a humanización ata Isaac Peral.
luns, 5 ago 2019
Cun orzamento total de 1,4 millóns, o goberno de Vigo vén de abrir este luns case que medio quilómetro da nova senda peonil e ciclista que discorre sobre as antigas vías do tren, desde Urzáiz ata Teis, no entorno de Mestre Chané.<br />
xoves, 1 ago 2019
Logo do asfaltado executado nas últimas semanas, o Concello acomete agora a instalación de novas reixas no tramo entre Colón e a Gran Vía. As anteriores atascábanse continuamente, explicou este xoves Abel Caballero, quen recordou que o total da actuación en Urzáiz ascende a 150.000 euros.
luns, 29 xul 2019
O alcalde visitou este luns a rúa Carral, na que se substituíu o empedrado por asfalto, dadas as deficiencias detectadas e o ruído que provocaba. Amais, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación dos materiais para instalacións deportivas e o mantemento dos centros municipais de distrito.
venres, 26 xul 2019
Abel Caballero explicou este venres que se trata do cuarto patio cuberto cuxas obras acomete o goberno municipal, que tamén ten en marcha as do CEIP García Barbón e comezou obras na rúa Coutadas para mellorar o acceso aos centros Rosais I e República Oriental do Uruguai.
martes, 16 xul 2019
Abel Caballero informou este martes da "actuación excepcional" que vai acometer o goberno municipal no paseo de Bouzas, na parte máis próxima ao casco antigo, para o que xa está redactando un proxecto.
mércores, 19 xuñ 2019
Abel Caballero inaugurou este mércores o novo parking gratuíto habilitado na rúa Coutadas, xunto á piscina de Teis. O alcalde foi o encargado de cortar a cinta e abrir ao público o aparcamento.
martes, 18 xuñ 2019
As obras de transformación da Gran Vía, financiadas con fondos EDUSI dentro do proxecto Vigo Vertical, arrancan hoxe cun orzamento de 5,1 millóns. O rexedor precisou que os primeiros traballos pasarán por transplantar de todas as árbores a Castrelos para repoñelas cando rematen as obras.
venres, 14 xuñ 2019
A colocación das ramplas na Gran Vía entre as rúas María Berdiales e Venezuela comezarán o vindeiro martes, 18 de xuño, cun orzamento de 5,1 millóns. "Son o maior proxecto de pasarelas ao aire libre de Europa", anunciou Abel Caballero.