mércores, 30 xul 2003
Os concelleiros de Vías e Obras e Tráfico, Xabier Toba e Xulio Calviño, respectivamente explicaron hoxe en rolda de prensa as obras de abastecemento de augua que se realizarán a partir do dous de agosto na Avenida Alcalde Portanet e que afectarán ó tráfico nesta zona da cidade.<br />
xoves, 12 xuñ 2003
O concelleiro en funcións Uxío González reuniuse con comerciantes de Pintor Laxeiro que achegaron 10.500 euros para realizar obras de humanización no último tramo do vial co fin de revitalizar esta zona.
venres, 30 mai 2003
O concelleiro de Vías e Obras en funcións, Uxío González, presentou o proxecto de humanización do contorno da praza de Compostela que reordena os usos dos viais e renova as redes de saneamento, abastecemento e servicios. O orzamento previsto é de 6.200.000 euros.
venres, 9 mai 2003
Uns 35 membros da asociación de veciños Camiño Vello de Coia pintarán o treito do carril bici comprendido entre as rúas O Grove e Marín o domingo, 11 de maio. Os 1.200 metros escollidos constitúen a primeira fase do programa "De Coia ao mar", dirixido á recuperación do camiño do bulevar para bicicletas e peóns, que pretende a futura continuación ata a praia de Samil.
xoves, 8 mai 2003
O alcalde, Lois Castrillo, explicou que as obras iniciadas, que complementan a rede perimetral, garantirán o abastecemento a Beade e ao Parque tecnolóxico e loxístico ao tempo que aseguran o subministro ás 25.000 persoas que se van asentar no polígono de Navia.
xoves, 27 mar 2003
O alcalde, Lois Castrillo, presentou o Plan Director de Abastecemento de Auga co que se satisfarán, cunha previsión de 30 anos, as necesidades dunha poboación de 600.000 habitantes, a que corresponde a Vigo e os concellos da bisbarra.