O goberno de Vigo inaugura a humanización da Travesía Escolas Públicas
Trátase dunha remodelación "moi singular, moi especial", en verbas do alcalde, quen presidiu o acto este luns. A céntrica rúa loce agora en cores, acentuando o carácter peonil dunha zona de "xente traballadora" que foi "abandonada durante décadas" por gobernos anteriores.
En declaracións posteriores á visita, Abel Caballero explicou que o Concello, xunto á humanización en superficie, acometeu tamén a renovación das redes de saneamento, abastecemento e pluviais, xunto ao alumeado público e novos puntos de luz, mobiliario urbano e unha nova zona axardinada.
Travesía Escolas Públicas é unha céntrica rúa viguesa que parte da Avenida García Barbón e finaliza no muro da AP9, un espazo que presenta algunha "dificultade que trataremos con Autoestradas", porque "non ten a adecuación necesaria". O alcalde puxo en valor a humanización dunha zona habitada por "xente traballadora" que "foi abandonada por gobernos durante décadas e décadas", que agora loce unha "humanización en alto standing".