O alcalde avanza a reforma do paseo de Bouzas
Abel Caballero informou este martes da "actuación excepcional" que vai acometer o goberno municipal no paseo de Bouzas, na parte máis próxima ao casco antigo, para o que xa está redactando un proxecto.
"En dez días teremos o proxecto rematado, que está encargado desde hai dous meses" adiantou o rexedor este martes, explicando que, unha vez recibido ese documento, debe superar a declaración de impacto ambiental e "inmediatamente, a dirección de Costas cederá a titularidade do paseo ao Concello", polo que se poderá iniciar a reforma do mesmo.
O alcalde deu conta deste proxecto en declaracións aos medios de comunicación e advertiu que "vai ser unha actuación excepcional e á altura do que Bouzas merece", agora que o Concello "está en disposición de reformar de forma urxente todo o paseo", na parte máis próxima ao casco vello, e "iniciar o paseo que imos facer ara Samil". Así, avanzou que "nun tempo razoable haberá un paseo entre Samil e Bouzas".