mércores, 10 feb 2021
Tralo encontro mantido este mércores con Jaime Pereira, presidente da Asociación de Hoteis de Vigo, que lle trasladou a "difícil situación" pola que atravesa o sector cun nivel "moi baixo de ocupación", o rexedor reclama á Xunta de Galicia que lles dea as axudas que lles corresponden e que non lles están chegando.
luns, 8 feb 2021
O alcalde deu conta esta mañá dunha sentenza xudicial que confirma que a Delegación da Xunta organizou en 2019 un mercadiño de Nadal de xeito irregular no Tinglado do Porto. Concretamente, a resolución desestima o recurso interposto contra o Concello de Vigo por non outorgarlle autorización e avala a decisión da administración local esixindo o cumprimento de todos os requisitos da Lei de Comercio interior de Galicia.
mércores, 3 feb 2021
A cidade de Vigo xa é unha das preferidas polas produtoras para a rodaxe de películas, cortos e spots. O demostran as 26 peticións autorizadas en 2020 polo Concello para filmar nas rúas de Vigo e as catro recibidas ata o de agora neste 2021. “Promovemos e cooperamos porque xeran emprego e gasto no comercio e a hostalería local”, dixo o alcalde.
xoves, 28 xan 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación por procedemento aberto do servizo de supervisión do funcionamento da venda ambulante nos mercados de Bouzas e Coia. Amais, autorizou a realización de obras no edificio da antiga Escola de Comercio.
martes, 26 xan 2021
O alcalde considera “imprescindible” a indemnización ao sector hostaleiro da cidade e concorda coa idoneidade de aplicar os criterios que contempla tanto o modelo Valencia como o proposto polas deputacións galegas: a achega do 1% do orzamento de cada administración.
mércores, 20 xan 2021
O rexedor emprazou aos representantes a traballar durante unha semana cos concelleiros de Comercio, Festas, Turismo e Alcaldía para elaborar unha plataforma que o Concello elaborará e financiará.
martes, 19 xan 2021
Abel Caballero e Marta Fernández-Tapias mantiveron este martes a súa primeira xuntanza “nun ambiente cordial” no que o rexedor lle pediu á delegada “que defenda a cidade” e que “será benvido todo aquilo que poida facer por Vigo”.
luns, 18 xan 2021
O alcalde insta á Xunta de Galicia a que envíe os recursos que corresponden á cidade para "levar adiante o modelo Valencia na súa totalidade", complementando os recursos cos do Concello e seguindo o criterio de distribución aplicado nesa comunidade autónoma.
luns, 11 xan 2021
Logo do apagado da iluminación da cidade, Abel Caballero fixo balance destas semanas nas que non se rexistraron incidencias e nas que “funcionou moi ben a coordinación entre os controladores na rúa e o control das cámaras” para supervisar o aforo.
martes, 29 dec 2020
A través do programa Vigoemprende, o goberno municipal pon a disposición do sector hostaleiro un servizo de asesoramento e xestión gratuíto para que poidan acceder ás axudas do Goberno de España.