luns, 31 out 2022
O alcalde informou do comezo dos traballos de instalación da Bóla de Nadal en Urzáiz e da Caixa de regalo da Gran Vía, que finalizarán esta semana. “Imos ter o mellor Nadal que houbo nunca”, avanzou.
xoves, 27 out 2022
Abel Caballero achegouse esta mañá ao Pazo Los Escudos para participar na inauguración do XXXI Congreso de Serca que reuniu a máis de 300 profesionais do sector da automoción. O alcalde felicitou aos promotores dunha cita anual que este ano elixiu Vigo para concitar clientes, fabricantes e prensa especializada de toda España.
martes, 25 out 2022
Os datos do instituto Nacional de Estadística confirman a Vigo como unha potencia turística, logo de alcanzar unha ocupación hoteleira do 81% no mes de setembro. En número de visitantes, a cifra é practicamente igual que no mesmo mes de 2019, un ano de récord histórico para a cidade desde o punto de vista do turismo.
luns, 10 out 2022
O alcalde de Vigo anunciou esta mañá que o alumeado de Nadal lucirá en Vigo desde o 19 de novembro. En rolda de prensa explicou que a decoración deste ano terá máis beleza e atraccións que nunca, ademais dun aforro enerxético superior ao 14%.
luns, 19 set 2022
O auditorio Mar de VIGO reunirá o próximo 27 de setembro a ducias de expertos en turismo, con motivo da V Xornada TurisTIC, promovida pola Deputación de Pontevedra, e na que se que se falará “do futuro do turismo". Na presentación, Carmela Silva subliñou que “a cidade e o destino Rías Baixas son o puntal turístico de Galicia” e Abel Caballero resaltou que “a vocación turística de Vigo é ilimitada”.
mércores, 24 ago 2022
Abel Caballero asistiu este mércores á presentación dunha nova edición do programa que organiza a asociación de comerciantes e que se desenvolve desde este venres 26 de agosto e ata o 10 de setembro. O rexedor eloxiou os pinchos que conforman a oferta da Ruta deste ano e animou á cidadanía a achegarse ata Teis para gozar das trece propostas culinarias. Na presentación da Ruta dos Pinchos de 2022 participaron María Jesús Román, presidenta de Zona Teis Centro Comercial; a presidenta do Mercado de Teis, Purificación Santos, e o presidente da Federación Vigo Comercio, Roberto Giráldez.
martes, 23 ago 2022
“Tivemos o mellor mes de xullo do aeroporto na historia” sinalou o rexedor en rolda de prensa este martes ao dar conta dos datos relativos ao funcionamento da terminal o pasado mes.
martes, 5 xul 2022
Unha representación ampla de Mulliez, propietarios do grupo Nhood, responsables do desenvolvemento do centro comercial Vialia, visitou este martes o edificio para coñecer o seu funcionamento e implantación. O alcalde convidounos a gozar da cidade e agradeceulles a aposta por este proxecto ante o que “Vigo está respondendo”. A delegación estaba encabezada por Barthélémy Guislain, presidente da Asociación Familiar Mulliez, xunto a Antoine Grolin, presidente do Consello de Administración de Nhood; Manuel Teba, director xeral de Nhood España, Teresa Verdugo, directora de operacións de Nhood España así como Ignacio Sanz, director de estacións de viaxeiros de Adif.
venres, 27 mai 2022
“Gijonomía” é o lema da campaña turística co que esta cidade asturiana estará esta fin de semana en Vigo cun autobús situado na Farola de Urźaiz. Durante unha visita realizada esta mañá, o alcalde animou a toda a cidadanía viguesa a visitar unha cidade “amigable, bonita e cun pasado industrial semellante ao de Vigo”.
xoves, 12 mai 2022
O alcalde avanzou hoxe a solicitude de 10,9 millóns de euros de fondos europeos para financiar un proxecto “ambiciosísimo” de transformación para seguir atraendo turistas a Vigo, “a cidade líder en turismo en Europa”. Concretamente, o Concello proporá a creación dun Centro multifuncional de turismo gastronómico e de recepción de visitantes na Praza da Igrexa, a construción dun miradoiro e dun ascensor panorámico no edificio do Concello e, por último, a instalación dunha rampla mecánica no Paseo de Granada.