Escoitar

O alcalde aborda a candidatura das Illas Cíes co embaixador de España ante a Unesco

Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con José Manuel Rodríguez Uribes no que lle trasladou a acción e o traballo municipal a prol da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.

mércores, 16 nov 2022
Abel Caballero e José Manuel ROdríguez Uribes este mércores en Vigo
Abel Caballero e José Manuel ROdríguez Uribes este mércores en Vigo

“Tratamos sobre a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e puxen no seu coñecemento as sinaturas recollidas e o aval dos investigadores” a este proxecto.

No transcurso da entrevista mantida con José Manuel Rodríguez Uribes, ex ministro de Cultura e actual embaixador de España ante a UNESCO, o rexedor referiuse ao apoio trasladado por investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela así como ao apoio social que ten a candidatura, tamén no ámbito cultura e económico.

“Cíes está preparada para optar e ser galardoado coa distinción da Unesco” como Patrimonio da Humanidade” enfatizou o alcalde que avanzou unha próxima reunión con Rodríguez Urines para presentarlle de forma máis completa todo o traballo elaborado no marco da candidatura. Amais, manterá un próximo encontro co ministro de Cultura para tratar esta cuestión.

Xulgados

Na rolda de prensa convocada este mércores, o alcalde valorou a creación do novo xulgado civil de Primeira Instancia de Vigo, o décimo sexto que terá a cidade, logo da aprobación do Real Decreto por parte do Goberno “de novo o Consello de Ministros mira cara Vigo”.

 

Abel Caballero e José Manuel ROdríguez Uribes este mércores en Vigo
Descargar todas as imaxes