O goberno municipal inviste máis de 53.000 euros en obras no CEIP Celso Emilio Ferreiro
O alcalde achegouse esta mañá ao CEIP Celso Emilio Ferreiro para coñecer o resultado das obras de reparación do pavillón deportivo no que o Concello investiu 24.500 euros. A estas obras hai que sumar a renovación de baños no aulario infantil, cun investimento de 26.000 euros, ademais da remodelación do pavimento de distintas aulas. En total, o investimento municipal nos últimos anos neste centro educativo supera os 53.000 euros.
Descargar todas as imaxes