Escoitar

A meirande parte das achegas de emerxencia seguen a ser para evitar desafiuzamentos

Máis da metade das achegas de emerxencia son para pagos de vivenda, segundo constatou esta mañá o rexedor. En rolda de prensa, destacou que o Concello está experimentando un incremento de demanda debido á decisión da Xunta de suprimir en xullo a Tarxeta básica de alimentos e outras necesidades básicas.

luns, 14 nov 2022

Na última comisión de axudas de emerxencia concedéronse 149 achegas por importe de 27.400 euros, dos que máis da metade foron para pagos de alugueiro. Tamén se deron 19 axudas para alimentación (5.775 euros); 44 para luz (2.400 euros); 35 para recibos de auga (1.400 euros), entre outras como son axudas para gas ou para gastos de farmacia.

Tal e como explicou o rexedor, o Concello está experimentando un incremento de peticións das axudas dado que a Xunta cancelou o pasado mes de xullo a Tarxeta básica de alimentos e outras necesidades básicas.

Descargar todas as imaxes