Escoitar

“Libres e feministas contra as violencias machistas” será o lema da cidade nas celebracións do 25N

O alcalde participou este luns na presentación dos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra as mulleres. O programa comeza mañá, martes 22 de novembro e remata o vindeiro 2 de decembro.

luns, 14 nov 2022

Abel Caballero sinalou no acto de presentación que “se trata dunha acción da máxima importancia, que conta con todo o apoio municipal”, contando nesta rolda de prensa coa presenza de Uxía Blanco, concelleira de Igualdade, e as integrantes da Comisión de Traballo para organizar os actos do 25N: Ángeles Arias; Rosa Chantada; Rosario Otero; Mercedes Fernández e Elena Rodríguez.

O programa municipal desenvolverase dende o próximo martes 22 de novembro ata el 2 de decembro. O acto central na cidade celébrase o venres 25 de novembro co “Enlaza Vigo 2022 contra a violencia de xénero”, que entre as 10.30h e as 12:30h celebra a Feira Educativa dirixida ao alumnado de secundaria, Bacharelato e ciclos de FP no Auditorio Mar de Vigo e ás 20:00h coa manifestación convocada por Feminismo Unitario de Vigo, que sairá dende o cruzamento de Urzáiz con Vía Norte.

O Concello tamén organiza as xornada formativas 25N o 1 e 2 de decembro, con relatorios presenciais, entre as 17 a 20:30 horas, no Auditorio Municipal, con inscrición previa. As charlas correrán a cargo de: Natalia Tejera (sobre a Lei orgánica de garantía da liberdade sexual); Ana Isabel Bernal Triviño (“Violencias machistas e bulos en medios de comunicación”); Rosana Izquierdo (sobre a detección da violencia de xénero na atención primaria). Ademais haberá dúas mesas redondas, a primeira sobre os programas municipais de prevención e atención á violencia de xénero dirixidos a infancia e mocidade, e a segunda co título “Por que son necesarias políticas abolicionistas da prostitución? A ética feminista fronte á cultura da violación”.

En canto ao resto de actividades, o martes 22 novembro as 20:00h proxectarase no MARCO o filme documental “Voar” de Berta Gaztelumendi. Nos dous días seguinte ás 20:00h presentase no Auditorio Municipal a obra de teatro “Comando Comadres” da compañía Matrioshka e proxectarase “Custodia compartida”, unha película de Xavier Legrand. A semana seguinte, o martes 29 de novembro as 20:00h, o MARCO acollerá a proxección do curto “Mente” de Isabel Ocampo e de “16 de decembro” de Alberto Gago.

O peche de actividades será o vindeiro venres 2 de decembro, o Auditorio Municipal acollerá as 20:00ho concerto de “A banda dá Loba”, con entrada libre ata completar aforo.

Descargar todas as imaxes